Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Valle-Inclán, Fo e Brecht, os protagonistas do V Festival de Teatro Clásicos do Século XX


# Luns, 10/11/2008
As entradas xa están á venda a través da web www.caixanova.es e da taquilla telefónica: 902 504 500

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola súa Concellería. Nesta edición a cita teatral terá como protagonistas a grandes autores como Darío Fo, Valle-Inclán e Bertolt Brecht. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 17 e 22 de novembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O festival arrincará o día 17 ás 20:30 horas coa representación de Muerte Accidental de un Anarquista de Darío Fo a cargo de la compañía Suripanta Teatro.  Continuará o venres 20 de novembro coa obra de Valle-Inclán Ligazón representada pola Compañía Tribueñe. O dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX será ademais o protagonista dunha exposición  de caricaturas e retratos do escritor que estará aberta ao público do 17 de novembro ao 13 de decembro no Centro Sociocultural Uxío Novoneira organizada polo Concello de Lugo, a Cátedra Valle-Inclán e Caixanova.

O punto final do festival virá da man do Centro Dramático Galego que representará La buena persona de Sezuán do autor alemán Bretolt Bretch.

A Concelleira indicou que “o festival permite aos lucenses disfrutar dun teatro menos comercial que o que se ofrece na actualidade pero vital para coñecer a historia do teatro universal”.

Os prezos son populares: 6, 8 e 10 euros. Haberá un desconto de 2 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda dende hoxe luns, 10 de novembro, na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse 1 horas antes de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.

Semana da Maxia
Por outra banda, a Concelleira aproveitou a ocasión para facer balance da VI Semana Internacional da Maxia de Lugo organizada pola súa Concellería. Burgo explicou que “foi o ano que máis xente viu as actuacións de maxia que durante unha semana inundaron a cidade de ilusión e espectáculo. A pesar das condicións climatolóxicas os cidadáns volcáronse e participaron nos espectáculos de rúa nesta edición de Lugomáxico”.

“A maxia de preto funcionou moi ben, sobretodo nas rúas do centro da cidade e nos diferentes lugares nos que se concentraron os espectáculos como a facultade de empresariais, a sede de Aspnais, o centro Antonio Gandoi, o mesón O Fornos ou no Hospital Xeral”, indicou a Concelleira.

As actuacións para os colexios encheron o Auditorio os tres días cun total de 2.550 rapaces e rapazas que disfrutaron cos trucos dos magos. As galas no auditorio tiveron unha asistencia masiva de público: Jorge Blass, Mag Lari e a Gala Internacional do sábado congregaron a un total de 2.500 persoas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova