Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comeza unha campaña para promover o consumo responsable entre a cidadanía


# Martes, 11/11/2008
Conferencias sobre consumo, guías multilingües para inmigrates, información sobre arbitraxe e asociacións de consumidores compoñen esta nova iniciativa do Concello

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe o calendario elaborado pola Oficina Municipal de Consumo para o ano 2009. A publicación pretende dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos e deberes no ámbito do consumo e proporcionar bos consellos de consumo responsable que se deben de ter en conta á hora de facer as compras.

As recomendacións, unha por cada mes, pretenden  servir para solucionar as dúbidads que lles poden xurdir aos consumidores e promover un consumo responsable e sostible no que prime a calidade dos productos e servizos adquiridos.

Neste pequeño calendario de sobremesa inclúense tamén indicacións sobre a utilización dos diferentes contenedores que se atopan na cidade e os residuos que se deben depositar en cada un deles.

Ademais, a publicación inclúe o calendario do contribuínte que axudará a organizar a economía doméstica dos luceneses.

A OMIC tamén publica, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, un calendario de maior tamaño con 12 bos consellos para coidar o noso entorno e que se poden aplicar cada día para aforrar auga, o reciclaxe dos diferentes residuos ou o aforro de enerxía.

Repartiranse un total de 5.000 calendarios de sobremesa e 3.000 de parede. Estos serán os únicos calendarios que publicará este ano o Concello de Lugo para cumplir coas medidas de contención económica establecidas polo Goberno Local.

Consumo e inmigrantes
O número de cidadáns extranxeiros que viven en Lugo supera na actualidade os 5.000, e por iso, a través Oficina Municipal de Consumo, o Concello publica unha guía do consumidor enfocada aos inmigrantes, con información sobre os temas que máis interese lles produce como consumidores e  escrita en varios idiomas para que estén informados independientemente do país que procedan.

A guía preséntase en castelán, galego, inglés e frances, segundo explicou a Concelleira, cunha información básica e necesaria sobre as relacións comerciais “coa que queremos explicarlles aos novos lucenses os dereitos e deberes que teñen como consumidores”.

Nesta pequena publicación preténdese aclarar os lugares aos que poden acudir para reclamar e cómo facelo, os dereitos de reparación, información sobre os contratos de aluguer de vivendas, seguros, servizos financieiros, sobre o dereito de admisión, viaxes, comunicacións e todo tipo de compras.

 Con esta guía o Concello de Lugo pretende que os que chegan á cidade atopen a axuda que precisan nas posibles dúbidas que lles podan xurdir no eido do consumo.

Actividades para todos
A Concelleira, ademais, presentou o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.

A edil explicou que as actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e de actualizar os seus coñecementos nesta materia achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.

Ademais dos cursos sobre micoloxía, que xa están en marcha e que rematarán cunha entrega de diplomas e a degustación que terá lugar o día 24 de novembro, a Concellería que dirixe Luisa Zarzuela organizou un bo número de conferencias:

Sobre seguridade alimentaria falará Isabel García Gómez, diplomada en Enfermería e membro do Departamento de Saúde Pública da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo co seu relatorio Alimentos Funcionais; coñecelos e conservalos. Esta actividade terá lugar o día 13 de novembro no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra ás 19:30 horas.

Miguel López Crespo, Secretario Xeral de Unión de consumidores de Galicia e Presidente do  Consello Galego de consumidores e usuarios, falará sobre as normas do hábitat o 4 de decembro no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra ás 19:30 horas.

Ademáis o luns 24 de novembro no Gran Hotel terá lugar unha xornada de consumo dirixida a empresarios e comerciantes que contará con tres relatorios sobre temas de actualidade:

- Os consumidores ante a publicidade ilícita, impartida por  Carlos Lema Devesa, Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid.

- Xestión de compras e adaptación á crise, da man de Salustiano velo Sabín, Decano do Colexio de Economistas de Lugo.

- A cesta da compra en tempos de crise, por Isabel García, diplomada en enfermería e membro do Departamento de Saúde Pública da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo.  

Estas actividades están englobadas dentro dunha campaña de sensibilización ao consumidor que inclúe, ademais, información sobre o arbitraxe como unha vía eficiente extraxudicial para resolver os desacordos que poidan xurdir entre comprador e vendedor.

Por outra parte a campaña tamén pretende informar á cidadanía sobre as ventaxas que poden teñer ao formar parte dunha asociación de consumidores que traballan na procura e defensa dos dereitos de todos neste eido.

Todas estas iniciativas levadas a cabo pola Concellería de Servizos Xerais e Medio Ambiente supoñen un orzamento duns 28.000 euros, dos que case 20.000 están subvencionados íntegramente polo Instituto Galego de Consumo a través dun convenio firmado co Concello de Lugo para a difusión de diferentes actividades, guías de consellos, información sobre os dereitos e deberes dos consumidores, consumo responsable, o tratamento dos residuos, etc.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova