Imprimir

A LÚA DE XOÁN A SEGUINTE REPRESETACIÓN DA XVIII MOSTRA DE TEATRO INFANTIL


11/11/2008 A representación para as familias terá lugar o mércores 12 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A compañía de Teatro Nu representará esta semana a obra A Lúa de Xoán dentro da XVIII Mostra de Teatro Infantil que organiza a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

Mañá mércores, 12 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha representación dirixida ao público familiar. O prezo será de 1 euro para os nenos e nenas e de 2 euros para os adultos.

A obra, dirixida a nenos e nenas de educación infantil, fala das emocións dun neno que debe salvar a vida do seu pai que enfermou. Xoán é un rapaz que vive nunha illa co seu pai que é pescador. Ambos viven felices, pero unha noite de tempestade un golpe de mar arrebata ao seu pai a saúde.

A representación está baseada nun conto de Carmen Solé Vendrell que escribiu e ilustrou no ano 1982.