Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha o servizo de Compartir Coche e Compartir Parking


# Xoves, 13/11/2008
Os usuarios poderán acceder a esta ferramenta a través da web municipal www.lugo.es 

O cambio climático converteuse a día de hoxe nunha das grandes preocupacións  da sociedade, e unha das principais causas do efecto invernadoiro é a emisión de gases contaminates que emiten á atmósfera os automóbiles. O Concello de Lugo, comprometido coa defensa do medio ambiente e o desenvolvemento sostible pon en marcha unha nova iniciativa que se suma ás que nos últimos tempos está a adoptar na cidade, como a promoción de transportes máis ecolóxicos, autobús urbano, rebicíclate, peonalización de rúas, plantación de áboores e ampliación das zonas verdes…

A nova ferramenta que comeza a funcionar, para a reducción da emisión de CO2 é o servizo de Compartir Coche. Trátase dun servizo on-line, ao que se poderá acceder dende hoxe a través de www.lugo.es, e que permite o encontro de persoas interesadas en compartir o seu vehículo para realizar diferentes traxectos e contribuir así ao desenvolvemento sostible.

As persoas interesadas en compartir coche deberán acceder á páxina web e rexistrarse. Despois poderán anunciar os datos da viaxe na que se desexa compartir: lugar de saída, de chegada e hora aproximada. Tamén se poderán consultar as viaxes ofertadas por outros usuarios do servizo. Poderase utilizar para acudir ao posto de traballo, á Universidade e , incluso, para sair de viaxe.

A principal idea deste servizo a través de Internet é promover o uso compartido do coche entre a cidadanía e reducir o tráfico de vehículos privados na cidade.

Datos adicionais que poden interesar doutras cidades que xa utilizan o servizo:

Segundo un estudo realizado no conxunto de cidades que utilizan este servizo revela que os usuarios deste sistema son na súa maioría homes,o 53%, frente ao 47% de mulleres. En canto á idade, a media é de 33 anos.

O 20 % de usuarios conseguiron compartir a súa viaxe e o 47% recibiu algunha proposta sobre a viaxe que quere compartir. Respecto á satisfacción, o 92 % dos usuarios consideraron útil a iniciativa.

Das Viaxes compartidas, un 79 % son diarias, un 9 % semanales e o 5 % son mensuales. Por outra banda, no que se refire ao número de ocupantes a maioría son compartidas por dúas persoas (71%), un 20 % por 3, un 7% por 4 e un 2% por máis de catro persoas.

O estudo inclúe tamén un cálculo sobre o aforro que representa o compartir coche, que manifiesta que os usuarios do servizo aforraron unha media de 2.873 euros o ano pasado. Para unha viaxe media de 12 quilómetros durante 220 días ao ano, o custo total anual é de 4.533 euros, tendo en conta que a media de ocupación das viaxes organizadas a traves da web é de 2´73 persoas por viaxe, cada un dos ocupantes gastaría 1.660´58 euros en caso de que decidiran compartir os costes a partes iguais.

Compartir Parking
Outra iniciativa que se pon en marcha hoxe, a través da web municipal, é o programa compartir aparcadoiro que busca conseguir un modelo de mobilidade máis sostible e segura no noso municipio.

O Concello desexa facer posible que as persoas que dispoñen dunha praza de garaxe e que durante o día, a noite, ou parte do día ou da noite, a deixan libre para ir a traballar ou a estudar fora da cidade, a poidan intercambiar con alguén que veña a traballar ou estudar a Lugo. O usuario poderá buscar praza de aparcadoiro pola zona onde traballa ou estuda, e se desexa ofrecela tamén  poderá colgar a súa oferta. O contacto entre usuarios realizarase a través do correo electrónico.

O Concello pretende, mediante este servizo, poñer en contacto a persoas que poidan compartir parking, contribuíndo a paliar o problema de prazas para aparcar en Lugo. Ademais, mellorará o aspecto da cidade ao sacar vehículos habitualmente aparcados nas rúas e mellorar a mobilidade e o medio ambiente.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova