O papel dos medios e a globalización da información, son os aspectos que centran estas xornadas que nacen co obxectivo de ampliar a oferta educativa da universidade a distancia, mediante a formación en temas de actualidade. A análise da información mundial e local, a transformación dos medios, a diferente percepción da información por parte da audiencia, a sobresaturación de datos, a diferencia entre información e opinión son só algúns dos temas que serán tratados nestas xornadas que terán lugar entre os días 13 e 14 de novembro na sede da UNED en Lugo.
Están dirixidas a profesionais e estudantes de Humanidades, Psicopedagoxía, Maxisterio, Educación Social, Xornalismo, Traballo Social, Relacións Laborais, Dereito, da Universidade de Maiores e, en xeral, a todas as persoas preocupadas polos temas relacionados coa educación e os medios de comunicación.
A inscripción no curso, para o que se solicitará un crédito de libre configuración, debe facerse na mesma sede da Universidade de Educación a Distancia, na rúa Cantigas e Frores, 31.
Programación xornadas
Día 13 de novembro
10 horas. Inauguración e presentación do curso
Sr. Alcalde de Lugo
Sr. Director del Centro Asociado de la UNED
de Lugo
Sr. Director del Curso
10,30 horas. Grupos económicos e medios de comunicación.
Luís Ignacio Parada de La Gaceta de los Negocios
12,00 horas. É posible estar ben informado no mundo confuso dos medios de comunicación?
Yolanda Flores. Xornalista de Radio Nacional
17 horas. Mesa Redonda.
A función dos medios de comunicación rexionais e locais nunha sociedade globalizada.
Moderador: José García, coordinador de Deportes de Radio Nacional en Galicia
Marcos Sanluis López, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Miguel Cabana, delegado da Voz de Galicia en Lugo
Tito Diéguez, subdirector do Diario El Progreso
Xoán Carlos Vidal, presidente da Asociación da Prensa de Lugo
Amparo Roca, directora de Radio Nacional en Lugo
Día 14 de noviembre
10,00 horas. O deporte.Un reto rexional e local
Tomás Guasch, subdirector do Diario “AS”
11 horas. Como acabar cos xornais dunha vez por todas
Mario Tascón, editor de Diximedia
12 horas. Descanso
12,30 horas. A radio, entre a información e a opinión
Félix Madero, director do programa De Costa a Costa de Punto Radio
13,30 horas. A educación nos medios de comunicación
Baltasar Magro, xornalista
14 horas. Clausura