Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inagura o primeiro curso de outono do Centro Asociado da UNED en Lugo


# Mércores, 12/11/2008
Será os días 13 e 14 de novembro na sede da Uned

Os Medios de Comunicación nunha sociedade globalizada, este é o título do I Curso de Outono que inaugura o vindeiro 13 de novembro o Alcalde de Lugo, e que organiza o recén posto en marcha Centro Asociado da UNED en Lugo coa colaboración de importantes xornalistas de medios de comunicación nacionais.

 

O papel dos medios e a globalización da información, son os aspectos que centran estas xornadas que nacen co obxectivo de ampliar a oferta educativa da universidade a distancia, mediante a formación en temas de actualidade.  A análise da información mundial e local, a transformación dos medios, a diferente percepción da información por parte da audiencia, a sobresaturación de datos, a diferencia entre información e opinión son só algúns dos temas que serán tratados nestas xornadas que terán lugar entre os días 13 e 14 de novembro na sede da UNED en Lugo.

 

Están dirixidas a profesionais e estudantes de Humanidades, Psicopedagoxía, Maxisterio, Educación Social, Xornalismo, Traballo Social, Relacións Laborais, Dereito, da  Universidade de Maiores e, en xeral, a todas as persoas preocupadas polos temas relacionados coa educación e os medios de comunicación.

 

A inscripción no curso, para o que se solicitará un crédito de libre configuración, debe facerse na mesma sede da Universidade de Educación a Distancia, na rúa Cantigas e Frores, 31.

 

Programación xornadas

 

Día 13 de novembro

 

10 horas. Inauguración e presentación do curso

Sr. Alcalde de Lugo

Sr. Director del Centro Asociado de la UNED

de Lugo

Sr. Director del Curso

 

10,30 horas. Grupos económicos e medios de comunicación.

Luís Ignacio Parada de La Gaceta de los Negocios

 

12,00 horas. É posible estar ben informado no  mundo confuso dos medios de comunicación?

Yolanda Flores. Xornalista de Radio Nacional

 

17 horas. Mesa Redonda.

A función dos medios de comunicación rexionais e locais nunha sociedade globalizada.

 

Moderador: José García, coordinador de Deportes de Radio Nacional en Galicia

 

Marcos Sanluis López, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

 

Miguel Cabana, delegado da Voz de Galicia en Lugo

 

Tito Diéguez, subdirector do Diario El Progreso

 

Xoán Carlos Vidal, presidente da Asociación da Prensa de Lugo

 

Amparo Roca, directora de Radio Nacional en Lugo

 

Día 14 de noviembre

 

10,00 horas. O deporte.Un reto rexional e local

Tomás Guasch, subdirector do Diario “AS”

 

11 horas. Como acabar cos xornais dunha vez por todas

Mario Tascón, editor de Diximedia

 

12 horas. Descanso

 

12,30 horas. A radio, entre a información e a opinión

Félix Madero, director do programa De Costa a Costa de Punto Radio

 

13,30 horas. A educación nos medios de comunicación

Baltasar Magro, xornalista

 

14 horas. Clausura




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova