Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o Colexio Oficial de Médicos asinan un Convenio de Colaboración


# Luns, 17/11/2008
O acordo permitirá levar a cabo accións conxuntas de educación sanitaria na cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, José Ignacio Vidal Pardo, asinaron un Convenio de Colaboración Científico Tecnolóxica cunha duración de dous anos.

O obxectivo deste acordo é que a Administración local e o Colexio colaboren en actividades de promoción da saúde e prevención de enfermidades e accidentes, así como a reinserción social das persoas que o necesiten.

O Convenio inclúe a colaboración en educación sanitaria da poboación, formación de persoal investigador e técnico e a realización de proxectos de investigación conxuntos, entre outras propostas. Non implica custes económicos para ningunha das partes e garantirá, como lembrou o Alcalde, o traballo do Concello “sen suplantar a ninguén, xa que o Concello non ten competencias en materia sanitaria, pero si pode colaborar no ámbito da prevención, como leva tempo facendo”.

López Orozco referiuse a programas levados a cabo dende a Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, como os Almorzos Saudables, con prestixio e recoñecemento fóra de Galicia, as campañas de información sobre anorexia e bulimia, sobre boa alimentación, calidade dos alimentos, campañas contra o tabaco…

CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN CIENTIFICO-TÉCNOLÓXICA ENTRE O COLEXIO OFICIAL DE MEDICOS  DE LUGO E MAILO O CONCELLO DE LUGO


  
REUNIDOS 

Dunha parte D. José Ignacio Vidal Pardo, Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, con DNI: 33.824.069 Q, y domicilio a efectos do presente convenio en Rúa Montevideo, s/n, 27001 Lugo.

Doutra parte, D. José Clemente López Orozco, Alcalde do Excmo Concello de Lugo, no seu nome e representación legal ó abeiro do artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
  
EXPOÑEN

Que os profesionais da Medicina, representados polo seu colexio profesional, teñen como mision prestar atención de saúde ós individuos, ás familias e mailas comunidades en todalas etapas do ciclo vital e nos seus procesos de desenvolvemento.

Que a atención médica comprende a axuda prestada polo médico no ámbito da súa competencia profesional a persoas, enfermas ou sás, e a comunidades, na execución de cantas actividades contribuan ó mantemento, promoción e restablecemento da saúde, prevención das enfermidades e accidentes, asi como a asistencia, rehabilitación e reinserción social en ditos supostos e /ou protección de dignidade no intre da morte.

O Colexio Oficial de Médicos de Lugo, en concordancia co anteriormente expresado, está interesado en participar e colaborar en cantas actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade, así como de reinserción social se leven a cabo no termo municipal de Lugo, establecendo neste sentido aquelas relacións institucionais que sexan precisas.

 Que os municipios, e en particular o Concello de Lugo, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias poden promover toda clase de actividades e prestar cantos servicios públicos contribúan a satisfacer as necesidades da Comunidade na que se asenta.

Neste marco lexislativo ámbalas dúas partes acordan estreitar lazos de cooperación científico-tecnoloxica entre ámbalas dúas institucións, para o que acordan subscribir o oportuno CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN E COLABORACIÓN CIENTÍFICO-SANITARIA E SOCIOSANITARIA, sometido ás seguintes
  
CLÁUSULAS
  
Primeira.- Obxecto
O Obxecto deste convenio é establecer un marco estable de colaboración e cooperación científico-sanitaria e sociosanitaria entre o Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Concello de Lugo para os efectos de desenvolver conxuntamente actividades científico-sanitaria e sociosanitarias.

Segunda.- Contido da colaboración
A colaboración mutua poderá abarcar algunha ou algunhas das modalidades seguintes:

  1. Asistencia técnica.
  2. Preparación e presentación de proxectos a convocatorias autonómicas, nacionais e internacionais.
  3. Cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico.
  4. Realización de proxectos de investigación conxuntos.
  5. Colaboración na Educación Sanitaria da población.
  1. Cantas outras actividades que sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes.

Terceira.- Determinación de accións
 A determinación de cada actuación poderá realizarse ben mediante un convenio específico no caso de requirir achegas económicas dunha das partes, ben mediante plans de traballo anuais, encargo de traballos concretos dentro do ambito desta colaboración,  ou mediante accións concretas a determinar no seo de Comisión de Seguimento
  
Cuarta-. Réxime económico 
O presente convenio non implica custes económicos para ningunha das dúas partes.

No caso de establecerse accións concretas que impliquen desembolso económico, formalizarase o oportuno convenio específico, ou relación contractual, todo elo conforme a lexislación vixente que lle sexa de aplicación, no que se farán constar:

  1. Actividades a realizar
  2. Calendario correspondente
  3. Orzamento de cada unha das actividades con especificación das achegas de cada institución.

A entidade receptora das axudas económicas farase responsable do destino e xustificación dos gastos e deberá entregar toda a documentación que se lle solicite á outra parte, conforme a tramitación regulamentariamente establecida ó efecto.

No caso de que algunha das actividades programadas non se levase a cabo, a entidade receptora está obrigada ó reintegro das axudas económicas recibidas para a realización de dita actividade.

Quinta.- Seguimento e interpretación do convenio.
Para o adecuado seguimento do convenio, proposta e execución de accións concretas e interpretación das discrepancias que se produzan, créase unha Comisión de Seguimento paritaria integrada por representantes do Colexio Oficial de Médicos de Lugo e representantes do Concello.

Sexta.- Duración
 O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura cunha duración de 2 (dous) anos, sen prexuízo de ser tácimente prorrogado, no caso de non existir denuncia con un mes de antelación á data do seu remate ou de calquera das súas prórrogas.

Sétima.- Resolución 
Son causas de resolución:
-           O incumprimento das súas cláusulas
-           O destino das cantidades aportadas para fins distintos dos establecidos

Nos casos de resolución por incumprimento, deberá ser oída previamente a Comisión de Seguimento

Oitava.- Xurisdicción 
Dada a natureza xurídico pública do presente documento, as controversias que puidesen xurdir na súa aplicación serán resoltas pola xurisdición  contencioso-administrativa.

O que en proba de conformidade asinan as dúas partes no lugar e data indicado anteriormente

  Polo Colexio Oficial de Médicos                                  Polo Concello de Lugo

 

 

  Asdo.: José Ignacio Vidal Pardo                        Asdo.: José Clemente López Orozco




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova