Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX coa obra


# Luns, 17/11/2008
A mostra contará tamén cunha exposición de caricaturas e debuxos de Valle-Inclán que estará aberta ao público ata o 13 de decembro no Centro Social Uxío Novoneyra

O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, arrinca hoxe luns 17 de novembro coa obra Muerte accidental de un anarquista de Darío Fo.

A compañía Suripanta Teatro, contará a historia na que o autor italiano narra como un tolo é detido pola policía na comisaría onde uns días antes outro detido, un ferroviario anarquista, acusado de colaborar nun atentado terrorista, morre ao caer por unha das fiestras do edificio. Cando a policía comprende que vai a ser imposible acusar ao tolo de nada, xa que a súa demencia vaille deixar libre en calquera caso, deciden soltarlle.  O home queda solto pola comisaría, e facéndose pasar por xuiz, comisario e bispo, mediante o xogo do equívoco e provocando a confusión entre os mandos policiais, desmontará a versión oficial que falaba de suicidio, desvelando a incoherencia dos argumentos utilizados por eles para ocultar o que en realidade foi un asasinato. Así, a través dunha serie de escenas tan cómicas como macabras, o tolo fará que os culpables acaben confesando os feitos tal e como en realidade ocorreron.

O primeiro día do festival contará ademais coa inauguración exposición  de caricaturas e retratos de Valle-Inclán, o dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX, que estará aberta ao público ata o 13 de decembro no Centro Sociocultural Uxío Novoneira organizada polo Concello de Lugo, a Cátedra Valle-Inclán e Caixanova.

As representacións continuarán o xoves 20 de novembro coa obra de Valle-Inclán Ligazón representada pola Compañía Tribueñe. O punto final do festival virá da man do Centro Dramático Galego que representará La buena persona de Sezuán do autor alemán Bretolt Bretch.

Os prezos das entradas son populares: 6, 8 e 10 euros. Haberá un desconto de 2 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse 1 horas antes de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova