Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo para participar no XIV Certame de Relatos Curtos Trapero Pardo


# Martes, 18/11/2008
O xoves 20 de novembro finaliza a recollida de traballos

O vindeiro xoves 20 de novembro, remata o prazo para presentar os traballos ao XIV Certamen de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos que deberán ser contos inéditos, escritos en lingua galega, con tema libre e extensión non superior a dez páxinas. Presentaranse por triplicado, escritos por unha soa cara, a máquina ou a man. Os traballos enviaranse baixo lema á Concellería de Educación, situada no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra.

Haberá dúas categorías, a primeira para nenos de 12 a 14 anos, e a segunda, de 15 a 18. Entre os gañadores do primeiro grupo repartiranse premios valorados en 360 euros, ademais de lotes de libros, diplomas e medallas. No segundo grupo a cuantía dos premios será de 500 euros.

A resolución do xurado, integrado por persoas que desenvolven o seu labor no campo da cultura e da educación, farase público no mes de decembro.

O Concello de Lugo publicou no ano 2005 os traballos que foron gañadores no 2003 e 2004, e no ano 2007 os dos anos 2005 e 2006.

As bases deste certame están en todos os colexios, pero tamén poden consultarse na web municipal, www.lugo.es, ou dirixirse á Concellería de Educación por teléfono, 982 28 48 15, ou por correo electrónico, educacionarrobaconcellodelugo.org.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova