Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo de pagamento voluntario do IBI


# Mércores, 19/11/2008
A partir do 20 de novembro comeza a recadación executiva cun recergo do 5%

Mañá 20 de novembro remata o prazo de pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que se atopaba aberto dende o 20 de setembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.

A partir de mañá comezará a recadación executiva que implica un recargo do 5%.

Este ano o imposto do IBI permitirá a recadación de 14.944.454 euros en urbana o que supón un incremento do 5,17% con respecto ao ano 2007.

En canto ó número de recibos, é de 79.850 o que representa un 2,57% máis que na anualidade anterior.

En relación ao cobro do IBI en rústico terá unha recadación de 56.205,23 euros e un total de 12.832 recibos, o que supón un incremento do 0,58% do importe e do 3,18% en canto ao número de recibos.

Cobro vados
O número de recibos das taxas por aproveitamentos especiais de vehículos da vía pública suporá unha recadación de 502.733,66  euros e un total de 3.486 recibos. O prazo para o seu cobro rematará tamén mañá xoves, 20 de novembro.

Medios de Pago
Para o pagamento destas taxas pódese optar por diferentes medios de pago. A Concellería de Economía puxo en marcha unha serie de medidas encamiñadas a dar máis garantías aos contribuíntes lucenses e mellorar os medios de pago coa administración local cumprindo os principios de transparencia e de claridade.

Unha das primeiras modificacións postas en marcha foi a ampliación das entidades colaboradoras no pagamento. A sinatura dun convenio con Caixanova permitiu a ampliación do número de entidades.

Outra das medidas postas en marcha foi a do pagamento online a través dunha pasarela de pago con Caixa Galicia e Caixanova. Este medio, un dos máis valorados polos contribuíntes nunha recente enquisa feita na web municipal, foi empregado no primeiro trimestre por 415 contribuíntes.

A domiciliación de recibos,  o pago a través de caixeiros -que permite pago en domingos e festivos e o pago mediante tarxeta, son outras das opcións das que dispoñen os veciños.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova