Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos alcaldes das cidades peruanas de Surquillo e Lince


# Mércores, 19/11/2008
O mandatario de Surquillo xa visitara a cidade no mes de febreiro para coñecer o funcionamento da administración local de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao alcalde da cidade peruana de Surquillo, Gustavo Sierra, e ao alcalde de Lince, Martín Príncipe, nun acto que tivo lugar esta tarde no despacho de Alcaldía.

Os mandatarios peruanos entregaron ao Alcalde de Lugo un pin coa bandeira de Perú, mentras que López Orozco fixo o mesmo cun libro de poetas de Lugo e un pin da Muralla.

Gustavo Sierra é a segunda vez que visita a cidade de Lugo, e indicou que despois da súa primeira visita ao Concello de Lugo na que coñeceu de preto o funcionamento dos diferentes servizos municipais, serviulle para reflexionar e pensar en como mellorar a administración de Surquillo.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo manifestou a súa disposición para seguir mantendo unha boa relación coas administracións locais peruanas e seguir a facer todo lo posible para cooperar con elas e traballar en común para fortalecer as institucións democráticas e potenciar a colaboración cos diferentes proxectos humanitarios que se están a levar a cabo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova