Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PON Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR PACO IBÁÑEZ


19/11/2008 A cita terá lugar o 30 de novembro coincidindo co VIII Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo porá, mañá mércores 19 de novembro, á venda as entradas para asistir ao concerto de Paco Ibáñez con motivo do VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. As entradas estarán á venda na páxina web: www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 504 500 a prezos populares que van dos 16 euros na zona A aos 9 na C.

 O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o 30 de novembro  ás 20:30 horas.

Os lucenses poderán disfrutar cos temas do cantante nos que versiona musicalmente poemas de autores españois e iberoamericanos, tanto clásicos como contemporáneos como Brassens, Jorge Manrique, Neruda, Quevedo, Goytosolo ou León Felipe .

O cantautor sabe acompañar á perfección os poemas coa música convertendo os seus recitais nun espazo no que o público parece transportado ao momento no que se escribiron os poemas.

A voz do valencián convertiuse  en mítica para moitas persoas a partir do seu concerto no Olympia de París no ano 1969. Francia acolleu ao artista nos seus inicios, cando a forza das letras que escollía e da súa interpretación podían ser consideradas de subversivas.  O traballo de Paco Ibáñez converteuse ao longo dos anos nunha extenxa antoloxía musicada da literatura castelá.