Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan á venda as entradas para asistir ao concerto de Diana Navarro


# Xoves, 20/11/2008
A actuación inclúese dentro dos actos organizados polo Concello de Lugo con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero

Dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero o 27 de novembro, a artista Diana Navarro ofrecerá un concerto ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As entradas continúan á venda na Casa da Muller (entre as 9 e as 14:00 horas) e no Centro de Interpretación da Muralla (entre as 10:30 e as 14:00 horas en horario de mañá e entre as 16:30 e as 20:00 horas en horario de tarde) a un prezo de 5 euros.

A artista malagueña presentará ante o público lucense temas da súa traxectoria profesional en que se inclúen en discos de éxito como No te olvides de mi, 24 rosas ou Camino verde. Diana Navarro conta xa cun recoñecido prestixio como cantante e obtivo diversos premios como un Ondas no 2005, a nominación a mellor nova artista dos Grammys Latinos no mesmo ano ou os premios da música no 2006 e no 2008.

Tanto a copla como a saeta marcan a traxectoria de Diana Navarro, que ademais bebe doutras fontes como o flamenco, a ópera, o pop ou o fado. O folclore mediterráneo e as melodías norteafricanas tamén están nas raíces da súa música.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova