Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX coa obra Ligazón


# Xoves, 20/11/2008
Continúa aberta a exposición de caricaturas e debuxos de Valle-Inclán no Centro Social Uxío Novoneyra

O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa hoxe, xoves 20 de novembro, coa obra Ligazón de Valle-Inclán.

A compañía Tribueñe, representará esta creación do dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX. O autor conta como unha moza dunha aldea galega rebélase contra o desexo da súa nai de vender o seu corpo a un home adiñerado. O retablo  da avaricia, a luxuria, e a morte, denuncian a necesidade de romper un modelo baseado na complicidade e na falta de aventura.

A última representación do festival virá da man do Centro Dramático Galego que representará La buena persona de Sezuán do autor alemán Bretolt Bretch.

Os prezos das entradas son populares: 6, 8 e 10 euros. Haberá un desconto de 2 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse 1 horas antes de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.

Ademais, continúa aberta ao público a exposición de caricaturas e retratos de Valle-Inclán que estará no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra ata o 13 de decembro e que está organizada polo Concello de Lugo, a Cátedra Valle-Inclán e Caixanova.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova