Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O pintor Xesús Blas Lourés será nomeado fillo predilecto da cidade de Lugo


# Xoves, 20/11/2008
A Xunta de Portavoces do Concello decidiu de forma unánime levar a Pleno a concesión do título

A Xunta de Portavoces do Concello de Lugo decidiu, por acordo unánime, levar ao próximo Pleno a proposta da concesión a un dos grandes pintores do noso tempo Xesús Blas Lourés o título de fillo predilecto da Cidade.

Nado en Lugo o 28 de novembro de 1926, cidade na que residiu o longo da sua vida, iniciouse dende moi xoven no mundo do arte da man do maestro Rafael Estrada, que era técnico en vidrieiras artísticas. O seu mestre seleccionouno para un concurso de pintura de Ecuación e Descanso, que gañou cun cadro que un dos membros do xurado Julia Minguillón, propúxolle enviar á exposición nacional de Madrid.

Por aquel entón, a Deputación Provincial ofrecía unhas bolsas anuais en Madrid para que os novos lucenses con talento pudiesen estudar e preparar o ingreso na Escola de Belas Artes de San Fernando. Blas Loures viu nesas bolsas a súa gran oportunidade, conseguindo unha con Tino Prados e Tino Grandío.

En Madrid pasou moitas horas no Museo do Prado, admirando aos grandes mestres como Goya, Veermer e o Bosco.            Empezou a traballar coa influencia do Greco (figuras estilizadas) e de Gutierrez Solana (caretas do Entroido), etc. Das súas etapas creativas, destaca especialmente a vermella e a azul, na que se move dende fai anos.

No ano 1962, xunto con Pacios, Tino Prados, Juan Puchades Quilis, Antonio Estrada, López Guntín e Manolo Cancio, alumnos de Rafael Estrada, a pesar de que a nivel creativo non tiñan moito en común, forman a asociación Los Urugallos.

Exerceu como profesor de pintura e debuxo nos colexios do Sagrado Corazón e no Seminario Conciliar. Dende 1969 é profesor de pintura e debuxo na sociedade Círculo das Artes de Lugo, onde empezou con seis alumnos, o ano seguinte tiña 20 e o terceiro xa había 70.
           
Recentemente Blas Lourés mostrou no Círculo das Artes unha magnífica exposición antológica de toda a sús obra, na que se puido ver a coherencia da sua pintura.

A sua producción artística atópase en mans de coleccionistas particulares e en institucións como a Deputación Provincial, Concello de Lugo, Círculo das Artes, Banco Gallego, Caixa Galicia, Caixanova e Centro Galego de Madrid.

 

Blas Lourés está hoxe no cume da súa sabedoría artística e persoal. A súa obra pictórica, unha das mais fermosas e sólidas da súa xeración; a súa radical vinculación coa súa cidade natal e o seu contorno; a súa condición humana xenerosa, modesta e amable; o feito de ser un dos grandes da pintura lucense xunto con Xulia Minguillón ou Tino Grandío, fan que o Concello de Lugo queira honralo e honrarse declarándoo Fillo Predilecto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova