Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíanse as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo


# Xoves, 20/11/2008
A gran demanda por parte dos cidadáns obligou a ampliar á oferta formativa

O Concello de Lugo ampliou as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.

Nun principio os cursos terían lugar polas tardes en dúas tandas de 16:00 a 18:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas entre o 24 de novembro e o 2 de decembro,  pero agora apliáronse ata o 5 de decembro incluído. Os interesados en participar poderán realizar a súa inscrición a través do portal municipal www.lugo.es.

Os cursos contarán cunha parte teórica, que se impartirá no edificio da Policía Local, e outra práctica que se realizará, gracias á colaboración do concesionario Autolusa, nun Audi A3 nun circuíto urbano de entre 5 e 7 quilómetros.

Con esta iniciativa o Concello pretende proporcionar ferramentas de aforro ás familias lucenses e reducir o impacto das emisiones de CO2 no contorno de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova