Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Trofeo Cidade de Lugo de radiocontrol contará cuns 50 participantes


# Xoves, 20/11/2008
A cita terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro a partir das 10:00 da mañá

O vindeiro domingo, 23 de novembro, celébrase o Trofeo Cidade de Lugo de Radiocontrol organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e o Club Trasnos RC.

Esta proba reunirá na cidade a uns 50 participantes nas catro categorías nas que se divide a cita deportiva:

- Rally- Game, que será puntuable para o campionato galego.
- 1/10 Touring Eléctrico
- 1/10 Touring Gas
- 1/ 8 Pista Gas.

A cita terá lugar entre ás 10:00 horas e as 16:00 horas no circuíto de Frigsa que congregará a un bo número de afeccionados e curiosos, sobretodo para disfrutar da espectacular proba de 1/8 Pista Gas, que está considerada como a Fórmula 1 do radiocontrol.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova