Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá o Primeiro Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras


# Venres, 21/11/2008
Unhas 30 expositoras participarán o día 29 de novembro nesta cita que fará visible o papel das mulleres no rural galego

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, e a Presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Primeiro Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro no Mercado de Abastos de Lugo.

Carmen Basadre amosouse moi satisfeita por presentar este evento que por primeira vez se celebra en toda Galicia e expresou o seu desexo de "facer deste día un encontro moi importate das mulleres emprendedoras rurais no centro de Lugo". "Unhas mulleres que saben aproveitar as ferramentas ao seu alcalce para ser mulleres autónomas e promover os seus propios traballos".

O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade e o seu progreso que teñen unha actividade singular e que contribúe a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación indicou que "se trata de presentar o papel fundamental das mulleres na nosa provincia  que é eminentemente agraria". Ademáis engadiu que ao poñer en valor os traballos elaborados por estas mulleres é unha aposta clara de futuro para as mulleres emprendedoras e o desenvolvemento da nosa provincia, en Galicia e en toda España".

Segundo as organizadoras poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres nas áreas de turismo rural, alimentación, artesanía, aproveitamento de escolas rurais, innovación e novas tecnoloxías. Haberá entorno a 30 expositoras que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada que fará visible o traballo das mulleres no medio rural e a importancia do seu aporte como motor económico e tecido fundamental do medio rural.

A organización do evento agarda que sexa o primeiro de moitos outros encontros de mulleres emprendedoras do rural que se poidan celebrar no futuro.

Este encontro contará ademáis cun servizo de atención a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra en horario de 11:00 a 18:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova