Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa coa promoción internacional do turismo da cidade


# Venres, 21/11/2008
Estivo presente na prestixiosa feira londinense World Travel Market

O Concello de Lugo continúa a promocionar a oferta turística da cidade nas feiras internacionais e un ano máis estivo presente na feira World Travel Market (WTM 2008) que se celebrou en Londres do 10 ao 13 de novembro.

O turismo lucense participou como expositor de Tourespaña, xunto ás Comunidades Autónomas pertencentes á marca España Verde (Galicia, Asturias, País Vasco e Cantabria) neste importante evento rexistro unha alta participación de profesionais do sector, congregando arredor de 5.500 expositores de 200 países diferentes.

Durante os catro días que durou a feira repartíronse máis de 300 folletos con información turística da cidade entre os visitantes á mostra que en su mayoría foron cidadáns do Reino Unido. Pero tamén se achegaron ata o mostrador de Lugo o Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida, e a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, quen amosou a súa admiración polo encanto que ten a Muralla Romana.

Nesta cita do turismo internacional os técnicos lucenses estableceron contactos con touroperadores e medios de comunicación especializados que amosaron o seu interese polo turismo da cidade. A maioría destos contactos foron con touroperadores e guías que integran a Lugo nos seus circuitos, pero tamén houbo moito interese polo turismo termal, gastronómico e da natureza, así como polo Camiño Primitivo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova