Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presenta os proxectos que incluirán no Fondo Estatal de Investimentos Locais para Lugo


# Mércores, 17/12/2008
O equipo de goberno prioriza obras que fomenten un maior número de empregos

Antes do 21 de decembro publícanse os plegos tipo de condicións

Para o Alcalde o fundamental é comezar a traballar o antes posible coas empresas lucenses

Os 16.610.880 euros propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron a memoria dos proxectos que se inclúen no Fondo Estatal de Investimentos Locais para o ano 2009. Trátase de 79 proxectos que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.

O prazo para a presentación da documentación remata o 24 de xaneiro e antes do 21 de decembro publicaranse os plegos tipo de condicións. López Orozco destacou a importancia de poñerse mans á obra e non perder máis tempo con este traballo.

A memoria de proxectos ten en conta as necesidades dos veciños e veciñas da zona rural e urbana que presentaron as súas propostas, o Plan Estratéxico e dos pedáneos.

Para o mandatario lucense é chamativo que a oposición faga as súas propostas a través dos medios “como se se tratase dunha carta aos Reis Magos, na que non se presentan orzamentos, nin se valora a viabilidade dos proxectos, nin se cumpren as bases…Que fácil é nese sentido ser oposición. O goberno ten que traballar con máis rigor” .

López Orozco sinalou que o que se tivo en conta ao escoller os proxectos foi:

- Que mellorase ao conxunto do concello, zona urbana e rural e que beneficiase e modernizase a todo o municipio

- Que atendese ás necesidades básicas da cidadanía

Na actualidade o concello de Lugo ten 3.188 cativos e cativas menores de 3 anos que precisan Escolas Infantís. Á escola Infantil de Serra de Outes, hai que engadir a de Fontiñas que comezará a funcionar en pouco tempo, a da Piringalla, a do Ceao que está recollida nos orzamentos do 2009, e agora grazas a este Fondo Estatal, a de Montirón-Sanfiz.

O Alcalde destacou que “esta cidade necesita servizos básicos para a Xuventude, por iso se recolle unha Casa da Xuventude próxima á zona onde hai máis mozos e mozas. Necesitamos mellorar os barrios e está proposta inclúe todos e cada un dos barrios de Lugo”.

Para o desenvolvemento correcto deste Fondo creouse unha Oficina con persoal municipal que traballa en coordenación cos técnicos de contratación, intervención e Evislusa.

Memoria Fondo Estatal de Investimentos Locais LUGO RURAL (Zona Rural): 3.859.688 euros

Arranxo de 91 quilómetros nas principais vías de comunicación das parroquias

- Camiño da Estrada 612 A Portomarín a Estrada D.P. Lousada Maceda (Parroquia de Santa Cristina de San Román): 111.990 EUROS
 -Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño (Parroquia de Ribas de Miño): 28.977 EUROS
 -Camiño dende Conexeira ao núcleo de Piñeiro (parroquia San Martiño de Piñeiro): 35.707 EUROS
 -Camiño dende a estrada D. P. 29-19 a San Martiño de Piñeiro (Parroquias de San Xoan do Campo e Piñeiro) 79.184 EUROS
 -Camiño dende Raña estrada LU-612 ao límite con Guntín (Parroquia de Santiago de Saa): 125.390 EUROS
 -Camiño dende Raña a Argonde (Parroquias de Santa Marta de Fixós, Saa e San Xoan do Campo): 114.817 EUROS
 -Camiño dende estrada D.P. 29-7 a Santa Marta por Reboredo (Parroquias Soñar e Santa Marta de Fixós): 98.980 EUROS
-Camiño dende Raña a Lamas (Parroquias de Saa, Bazar e Lamas): 239.054 EUROS
-Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda (Parroquia de Monte de Meda): 15.836 EUROS
-Camiño dende a estrada N-540 a Bazar (Parroquias de Calde e Bazar): 87.102 EUROS
-Camiño dende estrada LU-232 a Vilaestevez e estrada D.P. 29-1 (Parroquia de San Xoan do Alto): 77.204 EUROS
-Camiño dende estrada D.P. 29-1  A Uceira a Vilar de Poutomillos (Parroquia de Poutomillos): 27.344 EUROS
-Camiño dende a estrada 612 en Soñar a estrada N-540 por Esperante (Parroquias de Soñar e Esperante): 128.922 EUROS
-Camiño de Toiriz ao Campo da festa en Cima de Vila (Santiago de Piugos): 68.676 EUROS
-Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira (parroquia de Camoira): 45.496 EUROS
-Camiño de Outeiro a estrada LU-232 (Parroquia de San Salvador de Outeiro): 46.089 EUROS
-Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces (parroquia de O Burgo): 43.016 EUROS
-Camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente (Parroquia de Santa Eulalia de Bóveda de Mera): 124.309 EUROS
-Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín (parroquia de Bacurín): 49.467 EUROS
-Camiño dende estrada LU-232 en Retorta a Torible de Arriba (parroquia de Torible): 72.842 EUROS
-Camiños dende a estrada LU-232 a Marcoi e a Riobo,  As Campas e Igrexa parroquial (parroquias de Santa María Alta): 75.741 EUROS
-Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán (parroquia de Santiago de Meilán): 48.950 EUROS
-Camiño dende núcleo de Bocamaos a estrada LU-234 (parroquia de Bocamaos): 70.309 EUROS
-Camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea (Parroquia de Tirimol): 143.740 EUROS
-Camiño dende Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi (parroquia de Pías): 104.991 EUROS
-Camiño dende Barcia a Gándaras de Piñeiro por Talleres Ambla e Piñeiro (parroquias de Mazoi y Muxa): 78.536 EUROS
-Camiño dende o paso elevado autovía a Benade a Santa María de Muxa (parroquia de Santa María de Muxa): 173.550 EUROS
-Camiño dende núcleo de Benade a Piñeiro por Gundín (parroquias de Muxa y Benade): 139.401 EUROS
-Camiño dende a N-640 a Caneda por Pedreda, Outeiro e Alvarello (Parroquia de Pedreda): 76.993 EUROS
-Camiño dende a N-640 en Rubiás a C-630 en Bascuas (Vilarvente ) (parroquia de Rubiás): 312.180 EUROS
-Camiño dende estrada C-630 a Eirexe por Manzoi (Parroquia de Carballido): 168.852 EUROS
-Camiño dende antiga N-VI a Igrexa de Bóveda (parroquia de Coeo): 75.888 EUROS
-Camiño dende paso elevado autovía a Recimil e Iglesia (parroquia de Recimil): 99.776 EUROS
-Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas (parroquia de San Xoan de Pena): 25.132 EUROS
-Camiño dende estrada de Sarria por Santa Comba a Carretera de Páramo C.P. 29-4 (parroquia de Santa Comba): 113.564 EUROS
-Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial (Parroquia de San Andrés de Castro): 23.017 EUROS
-Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin (Parroquia de San Martín de Ombreiro): 40.079 EUROS
-Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá (Parroquia Prógalo): 35.159 EUROS
-Camiño dende a nacional N-640 na Campiña ao paso superior da autovia (Parroquia de San Salvador de Muxa): 45.355 EUROS
-Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo (Parroquia San Vicente de Veral): 19.046 EUROS
-Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial (Parroquia de Sta. María de Boveda): 52.726 EUROS
-Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas (Parroquia de Santa María  Teixeiro): 16.059 EUROS
-Extensión de banda ancha mediante tecnoloxías wimax/wifi en zonas rurais do concello de Lugo Fase II: 100.000 EUROS
-Escola Rural Santa Comba: 200.000 EUROS

LUGO HISTÓRICO (Patrimonio) : 1.482.192 euros

-Renovación de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do excmo. Concello de Lugo (Ronda da Muralla nº 197): 782.066 EUROS
-Renovación de elementos de cuberta da casa consistorial (Praza Maior nº1): 487.832 EUROS
-Reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miñá: 212.293 EUROS

LUGO SOCIAL: 2.404.688 euros

-Casa domótica para discapacitados: 599.488 EUROS
-Construción dun edificio destinado á Casa da Xuventude, situado en San Fiz, na parcela 10-A Mazá B. do Plan parcial de ordenación do sector sur-K: 974.400 EUROS
-Construción dun edificio destinado a gardería infantil municipal en San Fiz, na parcela 10-C Mazá E. do Plan parcial de ordenación do sector sur-K: 730.600 EUROS
- Melloras da instalación eléctrica dos centros escolares (infantil y primaria) públicos:100.000 EUROS

LUGO COS BARRIOS: 5.155.740 euros

-Pavimentación viarios Cemiterio municipal de San Froilán (I FASE): 300.000 EUROS
-Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) - (Albeiros): 171.632 EUROS
-Peonalización do parque de Frigsa - Fase I: 687.000 EUROS
-Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro: 698.281 EUROS
-Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I - (As Gándaras): 344.791 EUROS
-Pavimentación e servizos na rúa Mallorca (A Milagrosa): 168.138 EUROS
-Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil (Paraday): 139.451 EUROS
-Pavimentación de beirarrúas na rúa Aleixandre Bóveda (Paraday): 129.187 EUROS
-Reurbanización da rúa da Industria. Fase I (Polígono industrial de O Ceao): 687.000 EUROS
-Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora (Parque Rosalía de Castro): 149.794 EUROS
-Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín (Piringalla): 158.007 EUROS
-Pavimentación e servizos na Rúa Lavandeira (treito Avenida da Coruña - Tunel de Oural) - (Piringalla): 213.616 EUROS
-Pavimentación na rúa Tunel de Oural - (Piringalla): 70.842 EUROS
-Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira - (Sagrado Corazón): 113.854 EUROS
-Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo - (San Roque): 87.957 EUROS
-Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro - 2ª Fase: 430.500 EUROS
-Alumeado público na rúa Primavera y adxacentes - (Fontiñas): 231.520 EUROS
-Abastecemento e saneamento en Galegos: 204.178 EUROS
-Renovación do saneamento na Estrada da Granxa - (Augas Férreas): 169.989 EUROS

LUGO SOSTIBLE: 508.584 euros

 -Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Leste á cidade de Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida de Infanta Elena, entre ponte Romai e rúa Monforte: 77.279 EUROS
-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso ao campus universitario da cidade de Lugo: Rotonda na Avenida Carbalho Calero: 6.577 EUROS
-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da Avenida de Breogán: 58.378 EUROS
-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Sur á cidade de Lugo: encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi: 6.172 EUROS
-Adecuación zona verde Costa da Viña. Ampliación do Parque de Marcos Cela: 322.955 EUROS
-Rexeneración zona verde pública para adaptala a uso lúdico, ornamental e paisaxístico na rúa Miguel de Cervantes: 37.120 EUROS

LUGO DEPORTIVO: 3.200.005 euros

-Ampliación da piscina cuberta climatizada do parque da Milagrosa: 2.708.548 EUROS
-Remodelar pistas de tenis do parque da Milagrosa: 161.648 EUROS
-Construcción ximnasio: 329.809 EUROS




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova