Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta a proposta do Plan Director para recuperar totalmente o Parque Rosalía de Castro


# Xoves, 18/12/2008
O proxecto conta cun orzamento total aproximado de 3.821.890,41 euros

O proxecto do Plan Director do Parque Rosalía de Castro mantivo dun xeito escrupuloso os seguintes principios:

a)        Conservar todos os valores existentes de tipo histórico, ambiental, botánico, paisaxístico, arquitectónico, constructivo, tipolóxico, estilístico, formal, educativo… existentes no parque.

b)        Recuperar ou rehabilitar valores de todo tipo existentes anteriormente e hoxe desaparecidos ou danados.

c)         Introducir novos valores que os actuais tempos requiren, capaces de armonizar coa historia deste parque.

O proxecto no seu conxunto busca recuperar o antigo explendor e espírito deste singular Parque da cidade de Lugo e tamén o Balcón sobre o Miño.

Este Plan Director implica unha modificación da entrada principal, a repavimentación das rúas Puro Cora e Pascual Veiga e o cambio de enlousado de García Portela.

Implica tamén a instalación de novo mobiliario e a recuperación do existente que xa está moi deteriorado. A construción dunha nova cafetería, dun novo parque de xogos infantís, dun edificio multiusos, dunha nova escultura a Rosalía e de novas casas para os patos.

A recuperación do estanque, do quiosco da música, da zona do mapa, da fonte Xacobea, da Fonte Pequena e da Fonte Monumento ao Alcalde Ángel López Pérez.

URBANIZACIÓN:
O Proxecto recolle una modificación global da glorieta de entrada principal ao Parque. Plantaranse tileiros, facendo un conxunto cos cinco xa existentes na entrada, así como coa Avenida de Tileiros.

Proponse a reconstrucción da entrada para volvela ao seu estado orixinal, recuperando a simetría perdida reubicando a actual cafetería nun lugar próximo, pero máis axeitado.

Será necesario refacer una zona de xardín desaparecida, así como o maceteiro co seu pedestal.

O pavimento das escaleiras que forman parte da entrada tamén será sustituído, os pequenos xardíns que forman as rampas laterais faranse dun tamaño maior e plantarase seto para darlle á entrada maior presenza.

Eliminarase a zona de aparcadoiro situada fronte á entrada.

O Proxecto tamén recolle a repavimentación da rúa Puro Cora, que está incluída xa dentro dos proxectos que o Concello presenta ao Fondo Estatal de Investimentos Locais cun orzamento de 149.794 euros.

Tamén a repavimentación de Pascual Veiga e o cambio de enlousado de García Portela, para o que os redactores do proxecto propoñen colocar enlousado de granito en sustitución do formigón impreso.

Inclúe a restauración e renovación de mobiliario. A maioría dos bancos de madeira serán restarurados e serán sustituídos aqueles máis deteriorados. Os bancos de pedra tamén se tratará de volvelos ao seu estado orixinal.

A iluminación tamén se adaptará á súa imaxe orixinal. As luminarias existentes cambiaranse por outras que seguirán os modelos orixinais que aparecían na documentación histórica. As papeleiras tamén se cambiarán por outras máis axeitadas ao novo aspecto do Parque.

 

Demolicións
O plan inclúe a demolición da cafetería –construirase una nova- da Casa Almacén, do invernadoiro, da paxareira, das casas dos patos –construiranse de novo. E da beirarrúa de formigón que rodea o estanque, das casas dos pavos reais e do Parque de xogos infantís.

Restauración
Recuperarase mediante unha restauración o conxunto do estanque e construiranse catro novas casetas, tanto para os cisnes como para os patos seguindo a estética romántica do Parque.

Tamén se restaurará o Quiosco da música -que data do ano 1928- por dentro e por fóra. Exteriormente procederase ao limpado do basamento de pedra,  a restaurar as varandas e celosías metálicas e revisar os elementos non recuperables.

Tamén se plantexa a posibilidade de pintalo por fóra e a cuberta de madeira. O interior restaurarase completamente mantendo os mesmos usos.

Outro dos elementos que se restaurará é o mapa da Península Ibérica -ano 1929-, coa ampliación da base de formigón onde se asenta, a reparación da instalación eléctrica  e a limpeza de pintadas e o repintado exterior.

A Fonte Xacobea, a Fonte Pequena e a adicada ao Alcalde Ángel López Pérez tamén mellorarán o seu aspecto cunha limpeza da superficie de pedra con chorro de auga, restitución de perdas de materia, tratamento endurecedor da pedra e patinado sobre as zonas que ofrecen diferentes cores.

Nova cafetería
Un dos proxectos máis importantes é o da construción da nova cafetería que conta cun orzamento aproximado 394.000 euros para a execución material.

Este proxecto xorde debido á necesidade de ampliar a existente, e retirala da entrada do Parque xa que invade a entrada principal e oculta o trazado orixinal.

Para a planificación deste novo edificio decídese buscar una ubicación máis correcta, próxima á actual para seguir prestando servizo aos mesmos edificios, pero apartado da entrada,que siga sendo un edificio con madeira e que se integre no parque con naturalidade a pesar de ser un edificio moderno.

A solución é una peza alongada que pasa a formar parte do cerramento susbtituíndo o seto neste tramo. Baixo a cuberta irán dúas pezas, unha máis urbana que se envolve nunha celosía que permite a entrada de luz, pero matiza a visión da rúa; e outra pertencente ao Parque, que se envolve nunha celosía semellante á anterior pero máis espazada, facendo así desaparecer o límite interior-exterior e insertándose plenamente no parque.

A iluminación da cafetería tamén será  moi importante, estará sempre tenuemente iluminada para convertese nun reclamo para a cidade e preservar da escuridade ao viandante.

Outra das novidades que inclúe este Plan é un Edificio Multiusos no lugar onde actualmente se atopa o almacén.

A proposta é un edificio que sirva de almacén, despacho… e destine una parte a edificio polivalente para exposicións, talleres, actuacións para nenos e nenas…

A forma do edificio responde á necesidade de abrir o eixo visual que conecta a entrada secundaria –próxima a Pascual Veiga- co interior do parque.

O edificio divídese en dous volumes, o maior será o de uso principal polivalente e o outro, máis pequeno, que se adicará a aseos públicos. Ambos corpos están unidos por una marquesina.

Outra das novidades que inclúe o proxecto é a substitución da Escultura de Rosalía de Castro, que se trasladará a outro lugar, por outra de maior calidade.

O Plan Director tamén ten en conta medidas para evitar o encharcamento nos camiños. Para iso a recollida de auga realizarase mediante a formación de pendentes en todos os camiños de terra no sentido do eixo do camino ata as beiras onde se recollerá a auga nas canaletas situadas xunto ao bordo dos parterres para canalizarse pola adecuada rede de evacuación ata as arquetas da rede xeral existente.

O pavimento nestes casos será de area estabilizada mediante composto de cal natural e conglomerante hidráulico puzolánico.

Para a realización deste Plan participaron Antonio Rigueiro, especialista en Botánica e coordenador do proxecto, Mª Isabel Iglesias, especialista en xardinería, Adolfo de Abel Vilela, historiador, Cesar Portela, arquitecto, e colaboraron, Noemí Navazas, Magdalena Portela, Debora Fresno e Gonzalo Sánchez.

Plan Director do Parque
Co desenvolvemento do Plan Director do Parque, o Concello de Lugo pretende recuperar, restaurar e revitalizar a maior zona verde da capital, que se atopa actualmente nunha situación de certo deterioro e decadencia, que afecta tanto ao elemento vexetal como ás construccións, e que non é acorde coa súa condición de parque histórico e co aprezo que os veciños e as veciñas de Lugo teñen por este espazo.

O Parque Rosalía de Castro foi construido hai preto de 90 anos, en 1922, logo dunha proposta do por aquel entón Alcalde de Lugo, Ángel López Pérez. O parque acabouse convertindo na maior zona verde da cidade, con algo máis de dúas hectáreas de extensión, nas que medran máis de cen especies leñosas autóctonas e foráneas.

Mantendo a estructura deste espazo, o Plan Director do Parque permitirá embelecer este recuncho do concello de Lugo con harmonía paisaxística e equilibrio arquitectónico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova