Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ENTREGOU OS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CERTAME DE RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO


17/12/2008

O Alcade de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiron o acto de entrega dos premios do XIV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.

O Alcalde felicitou aos gañadores pola “calidade dos seus traballos” e agradeceulles o esforzo de plasmar “imaxinación e sentimentos” nos seus escritos. López Orozco subliñou a importancia de investir en educación, e lembroulles aos participantes que certames literarios como o Trapero Pardo contribúen a que Lugo se teña convertido na provincia “con maior número de poetas e poetisas, escritores e escritoras, por metro cadrado”. 

O Alcalde de Lugo e maila Concelleira de Educación, acompañados de membros do xurado do certame e de representantes da corporación municipal, fixeron entrega dos premios, formados por diplomas, lotes de libros e medallas, ás 12:30 da mañá.

Na categoría de 12 a 14 anos, o xurado, outorgou:
-O primero premio ao relato “Moras de setembro”, presentado por María Elena López González, do Colexio Nosa Señora da Asunción de Sarria.
-O segundo premio ao relato “Tuatha dé Danann”, escrito por Iris González Rivas do IES Basanta Silva de Vilalba
-O terceiro premio recibiuno o relato “Delirios nocturnos”, presentado por Brais Lamela Gómez, do IES Basanta Silva de Vilalba
-O xurado acordou tamén conceder unha mención honorífica nesta categoría a Lucía Sánchez-Montaña, do Colexio Padres Franciscanos de Lugo, que participou co relato “Mapas”

Na categoría de 15 a 18 anos, o xurado decidiu outorgar:
-O primeiro premio a Anxos Fazáns Estévez, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, co relato “Cando o destino xoga ás escondidas”
-Segundo premio a Tania Menéndez García, do IES Perdouro de Burela, coa obra “Ben merecido”
-Terceiro premio a Pablo Santomé Izquierdo, do IES Perdouro de Burela, co relato “Memorias dunha bisavoa”

Os relatos gañadores deste certame e da anterior edición, recolleránse nunha publicación que o Concello de Lugo vai editar o ano que vén.