Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis dun cento de escolares visitaron a ETAP este mes grazas ao Concello de Lugo e Acuanorte


# Venres, 19/12/2008
Os rapaces coñeceron de primeira man os procesos que segue a auga ata ser potable e chegar aos seus fogares

O Concello de Lugo, dende a súa Concellería de Educación, e Acuanorte puxeron en marcha ao longo desta semana unha serie de visitas á ETAP dirixidas a escolares do municipio de Lugo.

Un total de 125 estudantes de terceiro ciclo de Educación Primaria visitaron a Estación de Tratamento de Auga Potable de Lugo este mes de decembro, dentro do programa de visitas organizado pola Concellería de Medio Ambiente e Acuanorte.

A visita ás instalacións da potabilizadora lucense, ubicada na parroquia de Adai, permitiulles aos nenos e nenas participantes coñecer de primeira man os procesos que segue a auga ata ser potable e chegar ás billas dos seus fogares.

 Os rapaces e rapazas, que procedían dos colexios CEIP Anexa e CEIP As Mercedes en grupos de 25 persoas, puideron tomar mostras de auga do río e comprobar o traballo posterior no laboratorio da ETAP, onde lles amosaron con floculantes e coagulantes que, aínda que a auga pareza clara, non sempre é potable.

As visitas á Estación de Tratamento de Auga Potable de Lugo, que agora chegan aos centros escolares da cidade, comezaron no paso mes de xuño, coa fin de que a cidadanía vexa o traballo que o Concello de Lugo e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino están a facer para garantir que todos os veciños e veciñas do municipio teñan auga de calidade, e que beban con tranquilidade a que sae das súas billas.

A posta en marcha da ETAP é unha das obras máis destacadas do mandato de José López Orozco, xa que garantirá auga de calidade para a cidadanía lucense durante os vindeiros 25 anos.

ETAP
A ETAP bombeará un máximo de 650 litros por segundo de auga e o caudal medio que na actualidade consume a potabilizadora de Lugo é de 400 por segundo. As novidades desta planta con respecto a outras, é o uso de técnicas novidosas coma o tratamento de ozonización -inyección de ozono- e o filtrado a través de carbono activo. O ozono é a oxidación da materia orgánica e da materia en suspensión e co filtrado evitan o sabor e olor da auga.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova