Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu á ONG Cirujanos del Mundo


# Venres, 19/12/2008
O documental "Niwarinda, el deseado", no que a ONG relata a historia dun neno ugandés ao que operaron en Lugo, vén de ser premiado polo seu interese científico

O Alcalde de Lugo recibiu na Casa do Concello a Joaquín Mendoza, presidente da ONG Cirujanos del Mundo, e á doutora da mesma organización, María Núñez, que veñen de obter o primeiro premio no Certame Internacional de Videomedicina de Badajoz, polo documental "Niwarinda, el deseado".

O documental narra a historia de Ambrose Niwarinda, un neno ugandés de 8 anos, que se desprazou a Lugo a finais de 2007 para ser sometido a dúas intervencións moi complexas, unha na cara e outra no corazón.

Ambrose padece fisura de Tessier, un síndrome que non está descrito na literatura médica e que supón unha importante malformación craneofacial. De feito, ata que a ONG Cirujanos del Mundo coñeceu o seu caso en Uganda, a súa nai tiña que alimentalo a través do globo ocular.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceulle aos representantes de Cirujanos del Mundo a importante labor solidaria que a organización desenvolve dende hai dez anos en Uganda, e que permite salvar e mellorar a calidade de vida de ducias de nenas e nenos.

O documental "Niwarinda, el deseado" proxectarase o vindeiro luns, 22 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova