Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os centros dependentes do Concello de Lugo comezan os seus horarios especiais durante o Nadal


# Luns, 22/12/2008
As ociotecas, aulas abertas e centros sociais permanecerán abertos durante as festas para dar cobertura ás necesidades da cidadanía

O servizo Quita e Pon amplía o seu horario, mantendo os colectores de lixo nas rúas do centro histórico durante toda a noite

Os centros dependentes do Concello de Lugo comezan os seus horarios especiais durante o Nadal para ofrecer o mellor servizo á cidadanía durante as festas.
 
As dependencias do Concello (Casa do Concello, edificio administrativo do Seminario,…) manteñen o seu horario habitual. Só pecharán os festivos e os días 24 e 31 de decembro, así como os sábados 27 de decembro e 3 de xaneiro.

CEI: Pecha os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro. O resto dos días, o Centro de Empresas e Innovación mantén o horario habitual de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:00 de luns a xoves. Os venres de 8:30 a 15:00 horas.

Casa da Música: Os grupos interesados en ensaiar nos locais da Casa da Música poderán facelo en horario de 16:30 a 22:00 horas, dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro

Ociotecas: As tres ociotecas do Concello de Lugo, situadas en Fontiñas, no Centro social Uxío Novoneira e na Milagrosa, prestarán os seus servizos de atención a menores de 12 anos durante os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, e o 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, facilitando así a conciliación da vida familiar e laboral.
A ocioteca do Centro Social Uxío Novoneira estará aberta, ademáis, os sábados en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Aulas abertas: As nais e pais poderán deixar nas aulas abertas do Concello aos seus fillos e fillas nas actividades infantís entre as 8:30 e as 14:30 horas, os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, e o 2, 5 e 7 de xaneiro.
As do Uxío Novoneyra e a Milagrosa abrirán tamén de 16:00 ás 20:30 horas.

Centros sociais. Os centros sociais municipais, Fingoi, Lamas de Prado, A Milagrosa, Sagrado Corazón e Uxío Novoneira, manteñen os horarios habituais de apertura, tanto polas mañás como polas tardes. Pechan os festivos e os días 24 e 31 de decembro.

Museos. Os museos non varían os seus horarios habituais de apertura ao público, e recibirán visitas durante o Nadal:
-Centro de Interpretación da Muralla: de 10:30 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas
-Casa dos Mosaicos: de 11:00 a 14:00 horas,  e de 17:00 a 19:00 horas
-Centro Arqueolóxico de San Roque: de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
-Sala de Exposiciones Porta Miñá: de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Todos os museos pecharán os festivos (25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro), e as tardes dos días 24 e 31 de decembro.

Biblioteca Municipal. A Bibioteca mantén o seu horario habitual durante o Nadal, abrindo de 10:30 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas. Pecha os días 24, 25, 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O día 5 de xaneiro, abre só de mañá.

Xuvenlugo: A feira de ocio e lecer dirixida aos mozos e mozas de Lugo permanecerá aberta no Pazo de Feiras e Exposicións ata o vindeiro día 7 de xaneiro, en horario de 16:30 a 21:00 horas.

O servizo Quita e Pon, que supón a retirada dos colectores de lixo das rúas do centro ás 23:00 horas para mellorar a estética do recinto histórico e evitar os malos cheiros durante o día, modificará os seus horarios durante o Nadal, para dar mellor cobertura ás necesidades dos veciños e das veciñas. Así, as noites do 24 e 31, ampliarase o horario de recollida na zona centro, mantendo os colectores nas rúas toda a noite e retirándoos de novo a partires das 7:00 horas da mañá.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova