Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

UNS 2.500 ATLETAS PARTICIPARÁN NA CARREIRA NOCTURNA DE REIS


# Mércores, 21/01/2009
A cita deportiva que terá lugar o sábado 17 de xaneiro forma parte do Circuíto Corre con Nós

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Mañá sábado 17 de xaneiro celébrase a tradicional Carreira Noctura de Reis na praza Horta do Seminario de Lugo a partir das 19:00 horas. Esta carreira supón a segunda carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2008/2009.

Estas probas son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.

Nesta carreira participarán, máis de 1.200 rapaces e preto de 1.300 adultos que participarán seguindo os seguintes horarios:

- 1ª carreira categoría A ás 19:00 h : 680 m
- 2ª carreira categoría B : 1.400 m
- 3ª carreira categoría C-D: 1.900 m
- 4ª carreira Adultos: 4.100 m

Cortes de tráfico:

18:30 H : Corte de tráfico previsto na Av. Ramón Ferreiro a ambos lados da mediana dende as 18:30 horas entre Irmáns Pedrosa e Pintor Corredoira.

19:OO H : Corte de tráfico previsto entre a Praza de Avilés e Áncora (Mariña Española).

19:30 H : Corte de tráfico entre Praza de Avilés e Fonte do Rei.

Horario dos Cortes Previstos ata ás 20:15 horas para todas as rúas agás o primeiro corte das 18:30 horas (Pintor Corredoira- Praza Irmáns Pedrosa) que permanecerá pechado para a desmontaxe da infraestrutura da organización ata as 20:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova