Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba a contratación de catro novos xogos infantís e unha área biosaudable en varios parques da cidade


# Sábado, 27/12/2008
A administración local investirá 271.000 euros para a construcción destas novas instalacións

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no Salón de Comisións da Casa do Concello aprobou un investimento de 271.000 euros para a subministración e instalación de xogos infantis e unha área biosaudable para maiores en diferentes parques e xardíns da cidade.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, enumerou as actuacións que se levarán a cabo nas seguintes zonas verdes:

- Instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín de praza das Illas (Montirón) por 50.000 euros.

- Instalación dunha área biosaudable para xente maior no parque da Milagrosa por 29.000 euros.

- Instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade en dúas áreas de xogo no Parque da Milagrosa por 87.000 euros

- Instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín de Galego Tato por 49.000 euros.

- Instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín de Camiño Romai por 56.000 euros.

Ademais, segundo indicou o Concelleiro, aprobouse tamén a contratación do servizo de mantemento de conservación integral das áreas de xogo infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade de Lugo, por un total de 64.000 euros anuais aprazable durante 3 anos, o que supón unha investimento total de 192.000 euros.

Outros asuntos
Por outra banda, entre os asuntos aprobados nesta xuntanza, ademais de dúas licenzas de actividade e de obra e oito licenzas urbanísticas, atópase a revisión de prezos do contrato correspondente ao servizo de prestación das actividades extraescolares e complementarias levadas a cabo pola Concellería de Educación coa empresa A Billarda por 73.550 euros.

Ademais aprobouse a delegación na Tenente de Alcalde Delegada da Área de Economía e Emprego a facultade de aprobar o Convenio de colaboración entre o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), a Fundación ONCE para a cooperación e integración social de persoas con discapacidade e o Concello de Lugo para a realización da fase V do proxecto de obras de accesibilidade. Este proxecto conta cunha inversión total de 212.239 euros dos que 72.161 son achegados polo Concello, 114.609 polo IMSERSO e 25.468 pola ONCE.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova