Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello a Maximiliano Rodríguez Magi


# Sábado, 27/12/2008
O deportista participou nas Paraolimpiadas de Pekín 2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel díaz Grandío recibiron esta mañá na Casa do Concello ao deportista Maximiliano Rodríguez Magi.

O deportista de orixe arxentino afincado en Lugo, recibiu os agradecementos da corporación municipal por levar o nome da cidade ben lonxe. Con esta recepción o Alcalde de Lugo, en representación do equipo de Goberno, quixo homenaxear ao deportista que participou nas paraolimpiadas celebradas en Pekin este verán na categoría de 100 metros e 200 metros.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por contar coa visita de Maximiliano Rodríguez, e resaltou o seu esforzo e todo o que está a facer para demostrar que o deporte non ten barreiras. López Orozco desexoulle os mellores éxitos ao deportista e como recordo da súa visita, entregoulle unha reproducción da mosqueira da Muralla.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova