Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Servizos Sociais organiza unha cea de Fin de Ano para persoas soas


# Martes, 30/12/2008
O programa "Nadal en compañía" diríxese aos veciños e veciñas de Lugo que non teñen con quen pasar estas festas

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Carmen Basadre, organiza, un ano máis, a cea de Fin de Ano para persoas soas, no marco do programa “Nadal en compañía”.

“Nadal en compañía” vai dirixido a aqueles veciños e veciñas de Lugo que están sós, e a aqueles matrimonios ou parellas maiores que non teñen con quen pasar estas datas. A posta en marcha deste programa permítelles xuntarse para compartir a ledicia destas festas, e degustar unha cea no restaurante Porta Santiago.

O menú está composto dun primeiro plato de marisco, un segundo a escoller entre cordeiro asado ou brocheta de rape, postres navideños e cava.

Os asistentes a esta cea organizada polo Concello de Lugo -ao igual que en Noiteboa-  pagan unha cota de 6.25 euros, agás que un informe previo do traballador ou traballadora social indique que, polas súas circunstancias económicas, non pode facer fronte ao pago, nese caso será asumido polo Concello.

A Concellería de Servizos Sociais non quere que ningúen se sinta só nestas datas de reecontros, xuntanzas familiares e grandes banquetes, e por iso aposta por seguir celebrando estas ceas nos días máis entrañables do Nadal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova