Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 50 rapaces e rapazas participan na Busca do tesouro organizada polo Concello de Lugo


# Martes, 30/12/2008
A Casa da Música contará con novos cursos a partir do mes de xaneiro

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, manifestou a súa satisfacción pola alta participación da sexta edición da Busca do Tesouro organizada pola súa Concellería co obxectivo de que os mozos e mozas de Lugo o pasen ben mentras coñecen mellor a cidade e a súa historia.

Esta actividade celebrouse entre a xornada de onte, luns 29 de decembro, de hoxe, 30 de decembro, dentro do marco do programa de actividades de Nadal organizado polo Concello.

Os máis de 50 participantes dividíronse en dúas categorías: unha de 14 a 17 anos con 13 grupos participantes e de 18 a 30 anos con 4 grupos participantes.  Foron 7 os equipos de rapaces e rapazas que paso a paso foron superando as probas seguindo as pistas  e pasaron a segunda fase que se celebra hoxe e que rematará sobre as 19:00 horas coa chegada ao tesouro que lles fará alzarse como os gañadores do concurso. Como premio os finalistas recibirán: un ordenador portátil, unha cámara dixital e un mp4 para os tres finalistas da categoría A, e unha viaxe a Tenerife, unha cámara dixital e un mp4 para os finalistas da categoría B.

Ademáis, a Concelleira recordou  as actividades de ocio que se ofertan dende a área de Xuventude do Concello para as vaciones de Nadal, como as actividades que teñen lugar entre as 16:30 e as 21:00 horas na Casa da Música. O Concello tamén colabora con Xuvenlugo e repartiu xa as 3.000 invitacións coas que contaba para o acceso gratuíto ao recinto e á pista de xeo.

Casa da Música
Por outra banda, Rielo fixo balance das actividades levadas a cabo no 2008 na Casa da Música. Explicou que ao longo deste ano estiveron a ensaiar nos locais do centro 16 grupos de música, pero ademais levaronse a cabo un bo número de actividades como concertos, clases de batuka, capoeira, radiofonía, campionatos de scalextric, etc, que “están a consolidar este lugar como un espazo de encontro xuvenil”.

A Concelleira anunciou que as actividades da Casa da Música continuarán no ano 2009. Do mes de xaneiro ao mes de abril levaranse a cabo 9 novos cursos que pretenden dar novas opcións de ocio aos mozos e mozas lucenses, así como responder á formación artística demandada polos rapaces da cidade que están a crear unha moi boa canteira musical.

Os novos cursos realizaranse no seguinte horario:

- Curso de guitarra.- luns de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas.
- Curso de guitarra eléctrica.- martes de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas.
- Curso de baixo eléctrico.- mércores de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas.
- Curso de percusión.- xoves de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas.
- Curso de técnica vocal.- venres de 17:00 a 18:30 horas.

Haberá un total de 8 prazas por curso, destinadas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, que poderán inscribirse de maneira gratuíta, dende hoxe ata cubrir todas as prazas ofertadas, na Oficina de Información Xuvenil en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas de de tarde de 16:30 a 19:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova