Imprimir

REMATA O PRAZO PARA PARTICIPAR NO XI CERTAME DE NARRACIÓN CURTA ÁNXEL FOLE


30/12/2008 O Concello publicará os catro relatos gañadores

Hoxe, martes 30 de decembro, rematou o prazo para participar na XI Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo e que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.

Trátase dun certame que cada ano esperta todos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. Na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán, nesta edición chegaron ao Concello xa 36 obras en castelán e 29 en galego á espera das que puideron entrar por rexistro ou que foron enviadas por correo.

O tema dos traballos é libre, e o certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

Como todos os anos o Concello publicará os 4 relatos gañadores para darlle maior publicidade ás obras.