Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo destinará máis de 26.000 euros a favorecer a accesibilidade e habitabilidade das vivendas de persoas dependentes


# Martes, 30/12/2008
Serán un total de 7 maiores os beneficiarios destas subvencións

O Concello de Lugo aprobou conceder a sete persoas maiores dependentes subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas, para o que destinará un total de 26.400,75 euros.
Esta concesión de subvencións está destinada a propietarios e inquilinos de vivendas sitas na cidade de Lugo co fin de acometer obras de reparación, rehabilitación, adaptación e mellora da accesibilidade e habitabilidade das mesmas. O Concello de Lugo pretende, con esta medida, mellorar a calidade de vida dos beneficiarios das axudas.
Segundo as bases serán subvencionadas as pequenas obras de reforma e reparacións que permitan acadar a accesibilidade da vivenda; a existencia e correcto funcionamento de servizos sanitarios e cociñas, de instalacións eléctricas, de instalacións de saneamento e fontanaría; a existencia e correcto funcionamento de sistema de calefacción, de extracción de fumes e ventilación; illamento térmico; illamento acústico, adecuación distribución de espazos interiores; iluminados e ventilados, e sistemas de aforro enerxético. Quedan excluídas desta subvención os arranxos nos elementos comúns das vivendas.
Os beneficiarios destas axudas deben reunir os seguintes requisitos:
a.- Que vivan sós
b.- Que teñan unha idade igual ou superior a 65 anos 
c.- Que sexa persoa dependente ( para o caso de ter recoñecido a situación de dependencia), padezan unha discapacidade igual ou superior ó 33% ou teñan diagnosticado a enfermidade de alzheimer.
d.- Que teñan uns ingresos que non excedan 1,5 veces o IPREM.
Non se trata dunha subvención puntual, senon que é unha medida que se contempla tamén nos  orzamentos preparados polo equipo de Goberno para a vindeira anualidade. A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre desexa seguir mellorándolos e que podan beneficiarse deles cada vez máis persoas dependentes.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova