Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo oferta sete bolsas para a realización de prácticas laborais no extranxeiro


# Martes, 30/12/2008
O prazo de solicitude estará aberto ata o 10 de xaneiro

O Concello de Lugo, mantén aberto ata o 10 de xaneiro o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, para solicitar sete bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas europeas. Estas axudas van dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, titulados no eido da formación profesional nos tres últimos anos.

Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido e falado como escrito. Valoraranse, asimesmo, os coñecementos da lingua do país de destino.

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Para obter máis información pódese chamar ó numero de Atención Cidadá do Concello 010 e acudir ao  Espazo>lab, Avda. da Coruña 490 (antiguo cuartel de Garabolos), e no teléfono 982 297 361.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova