Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pavimentará as rúas e mellorará as conduccións de auga en cinco seccións do Cemiterio Municipal


# Venres, 02/01/2009
A Xunta de Goberno aprobou as bases para o acceso a unha praza de exeñeiro de camiños e dúas de axudante de cemiterio

O voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no Concello de Lugo.

O Concelleiro explicou que nesta primeira xuntanza do ano aprobouse, entre outros asuntos, a contratación das obras de infraestruturas e pavimentación das seccións número 9, 14, 15, 18 e 19 do Cemiterio Municipal de San Froilán.

As obras a realizar inclúen os traballos de pavimentación para estradas e rúas así como traballos de construcción e conduccións de auga: canalizacións soterradas para a evacuación das augas pluviais e a execución da rede de auga soterrada para o abastecemento das bocas de rego e fontes.

O orzamento máximo de licitación ascende a 231.427 euros e un prazo máximo de 5 meses.

Con esta obra respóndese as necesidades demandadas polos usuarios, persoal e responsables do cemiterio no referente a pavimentación e recollida de auga de choiva dos canelóns e pasillos para evitar pozas e filtracións de auga nas sepulturas, e facilitar o mantemento e mellora das instalacións.

A Xunta de Goberno aprobou, ademais, as bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de enxeñeiro ou enxeñeira de camiños, canais e portos pertencente o cadro  de persoal funcionario do Concello en quenda de consolidación de emprego temporal e para o acceso en propiedade a dúas prazas de axudante (cemiterio) (unha delas reservada para persoas discapacitadas) en quenda libre.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou sete licenzas urbanísticas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova