Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde valora positivamente o traballo realizado no 2008 pola cidade e que terá continuidade no 2009


# Luns, 05/01/2009
O Plan Urban, o centro asociado da UNED, a conxelación dos impostos, e o investimento no emprego, algúns dos grandes logros do 2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, aproveitando a chegada do novo ano quixo facer balance do ano 2008. Indicou que “a oposición fai o seu traballo, opoñerse, criticar, senón non sería oposición. Agora ben, os datos non xustifican esa crítica. O ano 2008 deixou moitas novas moi positivas para esta cidade e moitos proxectos a piques de rematar moi importantes para Lugo”.

López Orozco resaltou que no 2008, Lugo conseguiu o Plan Urban, un proxecto europeo para o que o equipo técnico deste Concello con Sonia Méndez á cabeza traballou moitas horas e que foi considerado como un dos mellores proxectos presentado. Houbo un equipo de traballo que lle dedicou moito tempo. En 2 ocasións anteriores, unha con Joaquín García Díez como alcalde, foi rexeitado. O Alcalde explicou que “se trata dun proxecto que ademais contou co máximo consenso e que permitirá a dinamización e revitalización do centro historico e do seu comercio con 16 millóns de euros”.

Na área de emprego dende este ano 2008 xestionaranse máis de 25 MILLÓNS DE EUROS de proxectos cofinanciados con Fondos Europeos, unha cifra que supera os 4.000 millóns das antigas pesetas.

As axudas económicas xestionadas pola Concellería de Emprego son moi importantes. O Concello obtivo recentemente máis de 2 millóns de euros da Consellería de Traballo para, entre outros, a Escola Obradoiro que está a rehabilitar a escola rural de San Pedro de Mera ou a dixitalización do Arquivo Municipal co proxecto A Memoria da Cidade.

Ademais o mandatario local recordou que a finais do 2008 “aprobamos os orzamentos do 2009 que contan con máis de 105 millóns de euros”.

“Aprobamos as ordenanzas fiscais nas que, un ano máis, conxelamos os principais impostos, aqueles que pagan a xeralidade dos veciños e veciñas. Fixamos un calendario estable para o cobro, permitindo unha mellor organización das economías domésticas. Todos os lucenses saben o período no que se cobra cada imposto”. Ademais neste 2008 o Concello puxo en marcha novas formas de pago que faciliten ese trámite aos administrados, de feito casi 8.000 lucenses estrenaron as novas formas de pago de tributos co Imposto de circulación.

Nestas ordenanzas os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar con rendas inferiores ao IPREM estarán exentos de pago

O Alcalde destacou tamém que no ano 2008 puxemos en marcha, grazas ao apoio doutras institucións, o centro asociado da UNED. Ademais seleccionouse o proxecto para a sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) que se construirá en Montirón-Sanfiz e comezou o proceso de selección de persoal.

López Orozco indicou que un feito destacado do 2008 foi a adxudicación de tres  tramos da autovía a Santiago: o de Nadela-Vilamoure, Vilamoure- Monte de Mera, e de Monte de Mera a Guntín.

No 2008 rematáronse obras tan importantes como a Terminal de mercadorías, está a punto de poñerse en marcha o novo hospital, o máis moderno de Galicia, están a punto de comezar a funcionar a Casa das Línguas de Acea de Olga, a Escola infantil de Fontiñas, o Centro Cívico de Entrecarrís. Contratouse ademais, a biblioteca de A Piringalla.

Polos centros sociais pasaron nun ano preto de 150.000 persoas, e foron atendidas polos traballadores sociais case 9.000 persoas -8.725-.

Cos Fondos Estatais de Inversión Local  e os orzamentos de 2009, por certo, aprobados, poremos en marcha, unha escola infantil en A Piringalla,en O Ceao e en Montirón Sanfiz.

Está en obras o Polígono de As Gándaras en Lugo, os terreos foron cedidos polo Concello á Xunta tras unha expropiación de mutuo acuerdo. Sen a boa vontade do concello esto hoxe non estaría en marcha.

No 2008 foi presentado o Plan Director do Parque Rosalía de Castro, un proxecto moi ambicioso que mellorará e protexerá esta zona da cidade. É un proxecto de case 3 millóns de euros que se irán poñendo en marcha por fases.

Está en marcha o Plan de Rehabilitación do Sagrado Corazón (xa a II fase) e a novena do Centro Histórico.

Contratouse a  obra do MIHL, que se convertirá nun atractivo turístico máis para esta cidade.  Non hai que esquecer que o turismo medrou un 421% en Lugo nos últimos 9 anos, isto repercute positivamente no comercio, a hostalería. Aumentan as pernoctacións e conseguimos desestacionalizar o turismo.

As festas tamén foron importantes para o Concello no 2008: no Arde Lucus a cidade recibiu a máis de 300.000 visitantes e en San Froilán, superouse a cifra do millón de visitantes en pleno mes de Outubro.

No ámbito cultural o Alcalde destacou a inauguración o Centro de Interpretación da Muralla, lugar de referencia para todos os visitantes que se achegan á cidade.

 

A Concellería de Cultura organiza máis de 300 actividades ao longo do ano para non deixar ningún mes sen propostas culturais na cidade. O auditorio Gustavo Freire recibiu unha media de 600 persoas por actuación. Pero moitas das nosas propostas desenvolvéronse na rúa. Sacamos a cultura á rúa, que se transformou no escenario máis amplo e democrático, e permitiu que todas as persoas que quixesen tivesen acceso á cultura.

O equipo de Goberno continuou co traballo de supresión de barreiras arquitectónicas que nos valeu o Premio Reina Sofía de accesibilidade. Neste momento están contratadas as obras da V Fase.

No ano 2008 a cidade recibiu o premio Escoba de Prata que distingue a xestión da limpeza urbana de Lugo. E se puxo en marcha o servicio Quita e pon para o centro histórico, mellorando notablemente a estética do centro que se queda sen colectores durante o día.

O Alcalde recordou a apertura no CEI do Espazo Lab, do Centro de orientación laboral do Concello e da Oficina de Información Europea. “Apostamos por la formación e a información en materia laboral”.

Continuouse co traballo de instalación de puntos de luz, arranxo de pistas e saneamiento da zona rural (este ano contratamos os proyectos para o saneamento de Bocamaos, Meilán, Orbazai e Adai).

O Alcalde destacou tamén que:

-O Concello xa é propietario da nova depuradora de auga que estará a pleno rendemento neste ano 2009.

- Contratouse o proxecto da nova sede da Policía Local en San Fiz e levouse a cabo a reestructuración e modernización da policía.

- A Xunta anunciou que iniciará as obras da ponte de Paradai en 2009, e o Concello rematou as obras da Urbanización de Paradai que cambiaron a cara desta zona da cidade.

- Púxose en marcha a Casa do Deporte que converte a  Frigsa no eixo da actividade dos clubes lucenses

- O Concello continúa coa súa política de facilitar o acceso á vivienda con axudas para o aluguer e con axudas para as obras en vivendas de persoas dependentes.

- Está funcionando a iluminación da N-VI entre O Ceao e A Tolda.

- Seleccionouse o proxecto para o Auditorio

- “Continuamos coa nosa política de mellora e construción de parques infantiles. Todos os nosos parques están adaptados á normativa europea de seguridade. Ademais recentemente contratouse a construción dunha área biosaludable en A Milagrosa”.

O equipo de Goberno continuou, ademais, co cumprimiento dos compromisos do Plan Estratéxico: O Plan estratéxico do Concello de Lugo é a folla de ruta que marca o traballo do Goberno Local. Foi concebido a partir dun proceso de participación e concertación das distintas entidades e institucións, públicas e privadas con presenza na cidade ao que se sumou toda a cidadanía no momento de achegar proxectos. É un plan no que participou unha importantísima representación da cidadanía lucense e por iso é básico no traballo, porque representa o sentir dos lucenses.

Para a realización dos orzamentos marcou as pautas a seguir e tamén para a aprobación da memoria de Proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

Neste momento pódese decir que máis do 90% do Plan Estratéxico está en marcha ou a piques de facelo, polo que a principal aposta do equipo de lópez Orozco coa cidadanía está conseguíndose nos prazos marcados. A finais do 2009 rematará e porase en marcha o II Plan.

PLAN ESTRATÉXICO E FONDO ESTATAL
 
O Plan estratéxico dende o momento que foi aprobado en maio de 2004 constitúe a estratexia de desenvolvemento da cidade que expresa a voz dos veciños de Lugo e que serve de referencia a todas as institucións e entidades que actúan na cidade para o seu desenvolvemento.

O Plan estratéxico ten como obxectivo central “facer de Lugo unha cidade moderna, vertebrada e activa no marco terriorial do noroeste español, que lidere e impulse os potenciais provinciais, a través dun maior protagonismo como cidade produtiva, aberta e atractiva, que sexa referente do contorno natural, histórico e cultural de gran valor, con proxección e coñecemento exterior”. A consecución deste obxectivo formúlase a través do desenvolvemento de catro liñas estratéxicas que son:
Liña estratéxica 1: Infraestruturas (proxectos de 1-26)
Liña estratéxica 2: Servizos ás persoas e espazos públicos (proxectos de (27-73)
Liña estratéxica 3: Actividade económica (proxectos de 74-120)
Liña estratéxica 4: A imaxe de Lugo e a participación cidadá (proxectos de 121-152)

Co Fondo Estatal de Investimento Local o Concello de Lugo contará con financiamento para acometer obras por importe de 16.610.880 €. As obras que se desenvolverán están en corcondancia coas liñas estratéxicas do Plan estratéxico e supoñerán un importante impulso cara a consecución dos obxectivos do mesmo neste sentido podemos facer un percorrido polo Plan estratéxico parándonos naqueles proxectos que recollen as obras que se acometerán desde o Concello de Lugo con este Fondo Estatal de Inversión Local.

Liña estratéxica 1: Infraestruturas
Dentro desta estratexia que conta con cinco obxectivos podemos sinalar:
Obxectivo 1.4 Priorizar a mobilidade con especial atención á accesibilide rural e á estrutura urbana do casco histórico da cidade. Concretando un completo plan de mobilidade que recolla aspectos como: transporte público, eliminación barreiras arquitectónicas, sinalización e ordenación viaria na cidade, mellora e ampliación de beirarrúas, peonalización, plan de pistas e camiños rurais...
Neste sentido as obras de rúas previstas (5.155.740€) serán unha contribución de moita importancia para avanzar na consecución do obxectivo.

Obxectivo 1.5 Mellora das infraestruturas enerxéticas e de telecomunicación que permitan abordar unha necesaria modernización para manter e potenciar unha posición de liderado provincial sen renunciar ao seu potencial rural. Croncretando proxectos: desenvolver no conxunto do municipio, en especial na zona rural, unha infraestrutura de telecomunicacións de banda ancha competitiva tecnolóxicamente no rural do municipio.
Nesta alínea sinalamos a obra encamiñada as novas tecnoloxías no rural (100.000€)

Liña estratéxica 2: Servizos ás persoas e espazos públicos
A cidade de Lugo tradicionalmente configurouse como unha cidade na que o papel fundamental  é o de capital administrativa e de servizos públicos á provincia e quere dar un salto cualitativo substancial aspirando a unha posición de cidade moderna, punteira na prestación de servizos aos cidadáns, activa culturalmente, con alta calidade de vida, nun marco natural de gran valor, impulsando o seu atractivo cun impulso na mellora da calidade do espazo público e con proxectos arquitectónicos de calidade, sendo unha cidade aberta aos visitantes e orgullosa das súas especificidades. Nesta estratexia deseñaronse cinco obxectivos agora sinalamos aqueles que con estas obras terán máis impulso:

Obxectivo 2.1 Mellora do atractivo urbano e arquitectónico, favorecendo unha maior habitabilidade e uso do espazo público e do contorno periurbano da cidade. Concretando nos seguintes proxectos: Modernizar espazos de uso público en áreas clave da cidade, mellora estética dos accesos á cidade, mellora da limpeza na cidade, poñer en valor a arquitectura rural do municipio, rehabilitar e mellorar espazo público e zonas con especial deterioro (parques, prazas...), completar e protexer o cinto verde da cidade...
Podemos sinalar no cumprimento deste obxectivo aos proxectos da zona rural (3.859.668€), e de Sostibilidade medioambiental (508.584€), actuacións na zona urbana (4.827.880€).

Obxectivo 2.2 Oferta de servizos públicos sociais e persoais de calidade que preste especial atención aos colectivos con maiores necesidades. Concretándose en: recuperación de distintos espazos para equipamentos públicos; mellora dos servizos sociais de base con especial atención á zona rural...
Para avanzar na consecución deste obxectivo contaremos co Edificio Domótico  (599.488€), coa rehabilitación da Escola rural de Santa Comba (200.000€) e coa construción do Centro Xuvenil de San Fiz (974.400€).

Obxectivo 2.4 Oferta deportiva diversificada na cidade. Concretándose en: fomento do deporte de base, mellora das instalacións deportivas e programa de novos equipamentos con equilibrio nas distintas zonas da cidade (piscinas, pistas de tenis...)
Neste obxectivo podemos sinalar un vaso para a piscina de Frigsa, a remodelación das pistas de tenis e a construción dun ximnasio así como o arranxo das rúas e viais no parque de Frigsa nos accesos ás instalacións deportivas (preto de 4.000.000€).

Obxectivo 2.5 Potenciar actividades de ocio e culturais cunha mellora das infraestruturas cualificadas que dinamice á cidadanía e atraia ao visitante. Concretándose en: dotar a cidade con espazos de ocio e culturais que teñan en conta a climatoloxía para a infancia e os xóvenes.
En relación a este obxectivo podemos sinalar a mellora de infraestruturas culturais cun orzamento de 212.293€ que se van a destinar á reurbanización do contorno da sala de Exposicións Porta Miñá.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova