Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xuvenlugo amplía a súa duración ata o vindeiro domingo 11 de Xaneiro


# Mércores, 07/01/2009
O éxito de participantes, máis de 20.000, fixo que a organización decidira ampliar a duración do certame.

Os máis de 20.000 visitantes que pasaron xa (cifra parcial do luns 5 de xaneiro) por Xuvenlugo dende que o salón abriu as súas portas o pasado 12 de decembro fixeron que a organización do mesmo prantexase ampliar os días de apertura. Deste xeito, hoxe 7 de xaneiro non será o último día coma se viña anunciando, senón que se volverá a abrir o venres próximo e ata o domingo 11, mantendo o horario habitual de apertura.

O éxito de participantes engadido a diversas peticións a cargo de moitos usuarios do Salón, que expresaron o seu interese e desexo de poder disfrutar algúns días máis das atraccións de Xuvenlugo (sobre todo da pista de xeo), foron os motivos que impulsaron aos responsables do evento de ampliar os días de certame.

Deste xeito, o público que se achegue nos días que quedan de Xuvenlugo poderá seguir disfrutando de atraccións tales como:

  1. Pista de Xeo: A pista de xeo volve a Xuvenlugo coma en edicións anteriores sendo de novo unha das atraccións estrela. Para patinadores afeccionados ou expertos de tódalas idades, cunha capacidade de 150 persoas.
  1. Pista profesional de karting e pista infantil de karts. O pavillón 1 do Pazo de Feiras e Congresos acolle na súa cuarta participación un circuíto de karts destinado principalmente aos afeccionados ao mundo do motor. Tanto nenos coma adultos disporán de dous modelos de automóbiles cos que porán competir en destreza e velocidade. A pista conta con monitores especializados encargados de vixiar por unha condución axeitada.
  1. Pista de Minigolf: Dado o éxito do pasado ano, a pista de Minigolf repite nesta nova edición de Xuvenlugo. Será unha pista de 230 m2, onde se situarán un total de 9 buracos, nos que poderán demostrar as súas habilidades golfísticas ata un total de 25 xogadores simultaneamente.
  1. Atraccións: Tren da bruxa, Twister, Saltamontes, Scalextric, Baby, Camas elásticas, Coches de choque, A Peneira. Este ano ademais haberá unha nova atracción: o Break Dance.  Atraccións do máis diverso que recrean o ambiente das festas das cidades e vilas, coa salvidade de que aquel que merque a súa entrada para Xuvenlugo adquirirá o dereito a subir tantas veces como queira a estas atraccións.
  1. Obradoiros de animación e xogos:
    • Karaoke: Un dos éxitos do ano pasado que volve a repetir é o Karaoke, pensado para o entretemento de pequenos e maiores.
    • Obradoiro de pintura Divermagic: Obradoiro patrocinado pola empresa de pinturas didácticas Divermagic, dirixido aos máis cativos. Nel, como xa é tradición poderán elaborar deseños relacionados co Nadal.
    • Debuxo e Manualidades: Obradoiro onde os máis pequenos disporán de papel e pinturas para debuxar o que queiran. As obras saíntes dos pequenos artistas pasarán a decorar a entrada de Xuvenlugo.
    • Obradoiro de videoxogos: A través de diferentes postos de consolas, os rapaces e rapazas que visiten Xuvenlugo poderán xogar entre eles, sempre con videoxogos de carácter didáctico (de deportes, habilidade, etc.)
    • Pista de Scalextric: o circuíto de scalextric máis grande dos que se instalaron en ata agora en Xuvenlugo ocupará de novo a entrada do pavillón 2 do Pazo de Feiras. Con 90 metros de percorrido e tramo de rallie, medirá as forzas e habilidades de dous coches de competición.
    • Futbolín e Billar.                                      

Horarios

  • Pavillón 2 (atraccións feirais): de 16:30 a 21:00 horas. Coa entrada xenérica, que costa 4 euros, accedese a todas estas atraccións tantas veces como se queira)
  • Pista de Xeo, pista de Minigolf, Videoxogos, Karaoke e Karts: de 16:30 a 21:30.

Prezos

  • Entrada xenérica ao recinto: 4 euros. Permite montar nas atraccións do pavillón 2.
  • Pista de Xeo:
    • Media hora: 4 euros
    • 1 hora: 6 euros
    • Luvas (obrigatorio o seu uso pero pódense traer da casa): 1 euro
  • Karts:
    • Menores de 12 anos (incluídos 12): 4 euros
    • Maiores de 12 anos: 6 euros
  • Minigolf: 1,50 euros
  • Scalextric (a partir do venres 19): 1 euro

Xuvenlugo está organizado pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e conta co patrocinio e a colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova