Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pregón Reis Magos 2009


# Luns, 29/12/2008


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos
  • Reis Magos

Boas noites queridos nenos e nenas! Boas noites a todas e todos!

Aquí estou un ano máis, acompañado dos meus amigos, os Reis Gaspar e Baltasar, nesta fermosa cidade, na que sempre somos tan ben recibidos. Énchenos de ledicia ver a tanta xente compartindo connosco a ilusión dunha noite tan especial coma esta, a noite de Reis.

Aos Reis Magos gústanos moito vir a Lugo, por varios motivos: por ver cómo a cidade se pón máis bonita cada ano, por disfrutar da vosa espectacular Muralla Romana, que nos orienta dende hai séculos na nosa longuísima viaxe dende Oriente, e sobre todo por vervos a todos vós.

Porque sabemos que sodes uns cativos e cativas moi bos, que vos portástedes ben durante todo o ano, estudando no colexio, axudando á xente e dando moito cariño aos vosos pais e nais, aos vosos irmáns, aos avós e aos amigos.

Ou hai alguén que non se portou ben este ano?? Seguro que non??

Pois como acabamos de confirmar o bos que sodes, esta Noite de Reis traemos as carrozas cargadas cos milleiros de agasallos que nos pedistedes nas vosas fermosas cartas, que lemos unha por unha.

Esta noite parece que imos ter que cear ben, e alimentar aos nosos camellos, para coller forza e traballar arreo toda a noite, tennos que dar tempo a levar os agasallos a todos os fogares do mundo.

Porque vós queredes que todos os nenos e nenas teñan hoxe agasallos, non é así?

Pois xa sabedes, esta noite a deitarse cedo e descansar ben, para que nós poidamos traballar e vós poidades xogar mañá durante todo o día.

Queredes un adianto do que vos imos deixar?

Non vos escoito ben!

Queredes un adianto?

Pero non o comentedes moito, porque a noite de Reis debe ser unha GRAN sorpresa. Este ano traemos de todo, dende bicis, ata wiis, pasando por barbies, bonecas Bratz e ordenadores portátiles.  

Pero quero que saibades que os agasallos que traemos dende Oriente e que esta madrugada deixaremos nas vosas casas non son os únicos que teredes en Lugo. Aquí, os nenos e nenas ides ter algunha sorpresiña máis este ano. Porque o Alcalde contounos que sodes uns rapaces moi especiais e quere que para vós Lugo sexa tamén a mellor cidade do mundo.

Queredes saber cales son esas sorpresiñas?

Este ano, teredes novos parques infantís na cidade. Si, para que teñades un sitio seguro onde sair a xogar, facer deporte e divertirvos cos vosos amigos pretiño da casa, vivades no centro no norte ou no sur. Todos teredes espazos para xogar. Porque, como seguro que vos din os vosos pais, non só hai que ver a televisión e xogar á videoconsola.

Por iso nos gusta que moitos pidades balóns, patíns e raquetas nas vosas cartas, para que fagades deporte.
E precisamente, por iso lles pedimos tamén aos responsables desta cidade que teñades máis lugares nos que facer deporte.

E sabedes o que nos dixeron? Que este ano teredes ampliada a piscina do parque da Milagrosa e mellores pistas de tenis! Non está mal, non?

Os responsables dos Centros Sociais, da área de Cultura e do Parque Infantil de Tráfico comprometéronse a organizar máis actividades para vós.

O Alcalde sempre nos di que o máis marabilloso que tén Lugo é a súa xente. E dámonos conta cada vez que chegamos aquí porque, a pesares do frío que vai neste tempo, notamos o calorciño co que nos recibides, e vemos como a maxia desta noite se reflicte nos vosos ollos. E iso é o que mellor nos fai sentir.

Pero xa non nos imos entreter máis tempo, porque agora queremos falar un pouquiño máis tranquilos con cada un de vós, antes de empezar co noso traballo e facer que os desexos se convirtan en realidade.

Unha aperta e moi, moi, moi Feliz Noite de Reis para todos e todas!!!

Ata o ano que vén!!!




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova