Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Fondo Galego de Cooperación solicita a axuda dos lucenses para paliar a grave situación humanitaria de Gaza


# Xoves, 08/01/2009
Os donativos poden realizarse nunha conta de emerxencia aberta en Caixa Galicia

O Fondo Galego de Cooperación co que colabara o Concello de Lugo, en nome do Comité Español da UNRWA, realiza unha chamada de emerxencia para solicitar axuda ante a grave situación humanitaria que neste momento vive a poboación de Gaza.

Aquelas persoas que queiran colaborar económicamente poden aportar os seus donativos na conta de emerxencia,  2091 - 0209- 103040019000 de Caixa Galicia indicando: Refuxiados Palestinos en Gaza.

A Comisionada Xeral da UNRWA, Karen AbuZayd, na visita realizada o pasado 29 de decembro á franxa de Gaza expresou o seu horror e a súa profunda tristeza pola extensa destrución e as terribles perdas de vidas humanas.

A UNRWA (Axencia da ONU para os refuxiados de Palestina) insta enerxicamente ao Goberno Israelí a escoitar as chamadas ao cesamento dos bombardeos sobre a franxa de Gaza. Israel é un dos países signatarios das convencións internacionais que protexen á poboación civil en tempos de conflito. Estas convencións non teñen valor se non son respectadas.

A UNRWA fará, canto antes, todos os esforzos necesarios para mitigar o sufrimento e a dor da poboación. Os actuais asasinatos e destrución seguiron a semanas dun estreito bloqueo da franxa de Gaza que impediu á UNRWA, así como a outras axencias humanitarias, asistir á poboación e mitigar as dificultades económicas.

A poboación está pagando o prezo do bloqueo prolongado, a ausencia de cobertura das necesidades básicas para 1,5 millóns de persoas e agora unha escalada militar.
A UNRWA recoñece o dereito lexítimo de seguridade que reclama Israel. Con todo, as súas accións deberían estar en conformidade coa lei humanitaria internacional e non debería de levarse a cabo un uso desproporcionado da forza. A UNRWA chama a Israel a garantir o acceso seguro e sen restricións das axencias humanitarias na franxa de Gaza e a respectar as súas obrigacións de acordo ás leis humanitarias internacionais salvagardando a seguridade da poboación civil de Palestina




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova