Cargando....
Concello de Lugo
21/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Casa do Deporte acolle o 7º Trofeo Cidade de Lugo. Campionato de España de Judo sector Noroeste


# Venres, 09/01/2009
A proba, que se celebrará mañá sábado 10 de xaneiro, contará coa participación duns 150 deportistas

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Delegado da Federación Galega de Judo en Lugo, José Luís Díaz, e o judoca lucense Iago Díaz presentaron esta mañá o 7º Trofeo Cidade de Lugo Campionato de España de Judo sector Noroeste que se celebrará mañá sábado 10 de xaneiro nas instalacións da Casa do Deporte de Lugo.

Uns 150 deportistas divididos en sete categorías de homes e sete de mulleres participarán representando ás súas comunidades: Castela e León, Asturias, Cantabria e Galicia.  A competición comezará a partir das 17:00 horas ainda que a pesaxe terá lugar ás 14:00 horas.

Os organizadores do Trofeo destacaron o bo nivel dos participantes no torneo, polo que o espectáculo está asegurado, e suliñaron o inmejorable plantel de judocas luceneses que participarán tanto nas categorías masculinas como as femininas. Jose Luís Díaz afirmou que ten todas as esperanzas para que os seis deportistas lucenses se metan na fase final do campionato que se celebrará a finais deste mes en A Coruña.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova