Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan os obradoiros matemáticos organizados polo Concello de Lugo


# Venres, 09/01/2009
O obxectivo é que os rapaces e rapazas melloren os seus coñecementos dun modo lúdico

A primeira edición dos Obradoiros Matemáticos que organiza o Concello de Lugo dende a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comezan mañá sábado 10 de xaneiro.

Ata o remate do curso escolar, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, participarán nestes obradoiros todos os sábados de 10.30 ás 12.00 horas no Centro Multiusos López Mella.

O obxectivo é que os mozos e mozas aprendan as matemáticas dun xeito divertido e lúdico ao mesmo tempo que melloran os seus coñecementos sen ningunha presión a través dos xogos.
Os asistentes participarán en actividades de cálculo mental, e xogos de xeometría, lóxica ou estratexia, que lles servirán de complemento para a súa formación académica, sempre asesorados por un grupo de monitores.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova