Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha unha nova campaña dos Almorzos Saudables


# Martes, 13/01/2009
Nesta edición participarán máis de 2.000 nenos e nenas dos 25 centros educativos da cidade

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá unha nova edición da campaña de almorzos saudables englobada dentro do programa Non só comas, aliméntate que o Concello de Lugo ven desenvolvendo dende o ano 2004.

Zarzuela explicou que “agardo que como en anos anteriores, a sexta edición desta actividade sexa un éxito”. Nesta edición participarán 25 centros educativos da cidade, cun total de 2.153 rapaces e rapazas de 1º e 2º de educación Primaria.

Segundo a Concelleira o obxectivo perseguido coa realización destes almorzos é potenciar os valores que favorezan comportamentos alimentarios saudables, sinalando a importancia dun comezo nutricional adecuado do día. A Concelleira explicou que hay moitos nenos (ao redor do 6´8%) que non toman nada antes de sair para a escola, un 6% o fai mal e rápido e soamente un 7´5% dos cativos toman un almorzo saudable composto de froita, lácteos e cereais.

A Concelleira agradeceu a “a inestimable colaboración das entidades patrocinadoras e institucioóns colaboradoras, que veñen prestando o seu apoio ao desenvolvemento deste proxecto”:

- Colexio Oficial de Enfermeria
- Asociación Provincial de Fabricantes de Pan
- Grupo Eroski
- Leite Rio
- Ingapan
- Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP)
- Comercio Xusto, a través de Cova da Terra.

Ademais, nesta edición colaboramos co Taller de solidariedade, que desenvolve accións orientadas a fomentar o consumo responsable a través da web www.tuturnomiturno.org onde se atopan consellos e información orientada aos mozos e mozas.

Zarzuela tamén resaltou a colaboración dos mestres e do persoal dos centros educativos que colaboran nesta campaña, forman parte xunto co persoal municipal do equipo humano que desenvolve esta actividade que consiste na realización dun almorzo con productos saúdables, froitas, cereais, leite, pan, leite callado, productos adquiridos nas tendas de comercio xusto (cova da terra) como o cacao, etc.. acompañado da explicación de aspectos nutricionais dende unha perspectiva divulgativa, buscando que quede nos nenos a referencia da importancia dun almorzo saúdable e de que impliquen aos seus pais e nais nesta cultura do almorzo.

Nesta actividade empreganse, ademais, elementos audiovisuais, presentacións, e xogos interactivos que axudan a concienciar sobre este aspecto nutricional pero tamén en relación á conservación do medio ambiente, o consumo enerxetico eficiente, e outras cuestions educativas.

Esta actividade comezará o próximo dia 19 de Xaneiro no colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela e rematará o 17 de marzo no colexio Serra de Outes.

Calendario dos almorzos saudables:

- 19 de xaneiro.- Colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela
- 20 de xaneiro.- Colexio de A ponte
- 21 de xaneiro.- Colexio de Casás
- 22 de xaneiro.- Colexio Cervantes
- 26 de xaneiro.- Colexio Infantil Fingoi nº2
- 27 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 28 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 29 de xaneiro.- Colexio Público de Alveiros
- 30 de xaneiro.- Colexio Sagrado Corazón
- 2 e 3 de febreiro.- Colexio Rosalía de Castro
- 4, 5 e 6 de febreiro.- Colexio Luis Pimentel
- 9 e 10 de febreiro.- Colexio Menéndez Pelayo
- 11, 12 e 13 de febreiro.-  Colexio Quiroga Ballesteros
- 16 de febreiro.- Colexio Público Illa Verde
- 17 e 18 de febreiro.- Colexio María Auxiliadora
- 19 de febreiro.- Colexio Fingoi
- 20 de febreiro.- Colexio Galén
- 26 de febreiro.- Colexio Divino Maestro
- 27 de febreiro.- Colexio da Milagrosa
- 2 e 3  de marzo.- Colexio Irmáns Maristas
- 4 e 5 de marzo.- Colexio Pais Franciscanos
- 6 de marzo.- Colexio Virxen da Soedade
- 9 e 10 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 11 e 12 de marzo.- Colexio Paradai
- 13 de marzo.- Colexio As Josefinas
- 16 de marzo.- Colexio As Mercedes
- 17 de marzo.- Colexio Serra de Outes

A Concelleira explicou que o Concello de Lugo foi pioneiro con esta actividade que agora se está a desenvolver en diferentes municipios de Galicia, de Asturias e Barcelona seguindo o modelo e a orientación do material lucense.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova