Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recoñece o labor dos participantes no proxecto PILES que estiveron a traballar no Parque de Paxariños


# Xoves, 15/01/2009
Un total de 27 persoas recibiron un diploma polo seu labor na recuperación deste espazo natural da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Piles
  • Piles

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron esta mañá os diplomas acreditativos do seu traballo aos 27 participantes do proxecto PILES que estiveron a traballar para a recuperación do parque de Paxariños.

Dende febreiro do 2007 participaron nos diferentes módulos do proxecto un total de 30 persoas: un carpinteiro, oito albañiles, 6 canteiros e 9 xardineiros. Ademais nestas obras contouse cun administrativo, un xefe de obra unha encargada de paisaxismo, un encargado de albanelería e un oficial de primeira.

Ao longo de case dous anos os integrantes deste PILES realizaron diferentes actuacións no parque para convertirlo nun espazo axeitado para o disfrute dos lucenses. Levouse a cabo un importante traballo de xardinería realizando unha limpeza da maleza e unha plantación de árbores do propio parque polas diferentes zonas aproveitando a riqueza de especies deste espazo natural. Ademais as labores de xardinería completáronse coa limpeza e a poda do arborado e a creación de diferentes zonas tapizadas con arbustos, céspede ou hedra.

As actuacións realizadas polos traballadores do proxecto PILES inclúen ademais a construción de muros de pedra de mampostería, a execución de saneamento e canalización de augas, execución de rigolas, a construción da enorme pérgola cunha impresionante estrutura de madeira. Tamén se levou a cabo a preinstalación da electricidade.

Con todas estas actuacións realizadas polos participantes no proxecto PILES, que se suman ás levadas a cabo polos asistentes ao obradoiro de emprego Natureza Viva, logrouse rehabilitar unha parte moi importante do parque situado nas ladeiras de Fontiñas e que en moi poco tempo poderán disfrutar todos e todas as lucenses.

PILES
O Concello de Lugo, comprometido coa inserción laboral dos ciadadáns, e en especial das persoas con máis dificultades para acceder ao mercado de traballo, puxo en marcha o Plan de Inserción Laboral e Emprego Social (PILES) do que houbo xa dúas convocatorias:
- I PILES.- para a recuperación de espazos públicos urbáns
- II PILES.- Para dar continuidade ás obras do parque de Paxariños.

Dende o Concello de valórase como un verdadeiro éxito o desenvolvemento deste plan, non só polas obras realizadas na cidade, senón polo fin social acadado ao favorecer a formación laboral dos colectivos máis desfavorecidos.

Encontro mulleres empresarias
Por outra banda, a Concelleira de Economía e Emprego e a Concelleira de Muller e Benestar Social mantiveron esta mañá unha xuntanza coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo para amosarlles o funcionamento e as posibilidades que ofrece o Centro de Empresas e Innovación do Concello. O obxectivo deste encontro foi facer un percorrido por este espazo que o Goberno Local desexa abrir a todos os lucenses e, como non, ás mulleres empresarias que o desexesen.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova