Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixanova presentan a novena edición da Mostra de Teatro Clásico


# Venres, 16/01/2009
As seis representacións deste ciclo teatral terán lugar entre o 1 e o 8 de febreiro

Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, e das comunidades autónomas limítrofes.Desexamos que se consolide como a gran mostra de teatro clásico do noroeste”.

Concepción Burgo destacou a extraordinaria calidade destas producións teatrais que achegarán a cidade as mellores compañías do panorama nacional. Serán seis representacións entre o 1 e o 8 de febreiro que segundo a Concelleira forman “a mellor edición que organizamos ata o de agora, cada ano imos mellorando máis a calidade desta mostra que inclúe obras de diferentes épocas do teatro clásico español, inglés e textos gregos”.

A mostra arricará o 1 de febreiro coa representación de La Comedia Nueva o El Café da man da Compañía Nacional de Teatro Clásico que porá en escea esta obra de Leandro Fernández de Moratín.

O ciclo continuará o luns 2 de febreiro cunha das obras que máis veces foi representado ao longo da historia en todo o mundo: Hamlet de Shakespeare, que porá en escea o Centro de Nuevos Creadores que tratará con sencillez os temas centrais da obra: o poder e a familia.

O 4 de febreiro tócalle o turno a unha das obras máis coñecidas de Calderón de la Barca: La vida es sueño. Pérez de la Fuente Producciones representará a peripecia humana de Segismundo, unha presonaxe ao que algúns o califican como o Hamlet español. Con máis de  tres mil versos esta peza fai dudar entre o soño e a realidade, entre o teatro e a vida.

O xoves cinco Atalaya TNT e o Centro Andaluz de Teatro, representará sobre as tablas do Auditorio Municipal a historia mitolóxica de Ariadna, unha figura que é das máis coñecidas e representadas na historia da pintura e do arte en xeral. Un mito que asociamos ao Laberinto do Minotauro, unha heroína cretense que representa a lucidez e a rebeldía, que se evade a través do soño e ansía a liberdade.

Xa o sábado 7 de febreiro, o Teatro Corsario presentará Los locos de Valencia de Lope de Vega.  O dramaturgo español transmite con lirismo e con gran ironía a locura do amor situando a historia nun manicomio.

Outra das obras máis coñecidas de Shakespeare pechará a novena edición deste ciclo de teatro clásico. Romeo y Julieta, a historia de amor máis coñecida de todos os tempos e que mostra o mundo da dualidade: Montesco frente Capuleto, amor e odio, día e noite, libertad e destino, deber e desexo, vida e morte… Pero ademáis, presenta a fatalidade dun destino inexrable, disposto polos intereses e polas pasións, polo rencor herdado e polo egoísmo e intolerancia dos demáis.

As entradas están a venda desde hoxe venres, 16 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese  entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademáis pódense mercar bonos para as 6 funcións a 45 euros na zona A, 35 euros na zona B e 25 na zona C.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova