Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo porá en marcha cinco asesorías xuvenís


# Venres, 16/01/2009
O Goberno Local pretende atender aos rapaces coas dúbidas en materia de traballo, estudos, psicolóxicos, xurídicos e sexual

A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o gasto de 15.539 euros para a realización das asesorías xuvenís que dependen da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.

O obxectivo do Goberno Local e axudar aos mozos e mozas lucenses coas dúbidas que lles poden xurdir con temas de emprego, a vivenda, aos estudos postobrigatorios, etc. En definitiva, coa súa incorporación ao mundo adulto xera na mocidade unha serie de inquedanzas ás que non sempre atopan solución. Dende a Concellería de Xuventude preténdese ofrecerlles un asesoramento cualificado que lles axude a despexar este tipo dúbidas. Por eso o Concello mantén as seguintes asesorías:

-Unha asesoría laboral, a fronte da cal se atopa unha Diplomada en Relacións Laborais.

-Unha asesoría xurídica, da que se encarga un Licenciado en Dereito.

-Unha asesoría de estudo, na que presta os seus servizos unha Licenciada en Psicopedagoxía.

-Unha asexoría (asesoría sexual), da que se fan cargo dous Diplomados en Enfermería. Dados temas a tratar nesta asesoría, decidiuse optar por dous profesionais de distinto sexo, para facilitar a comunicación durante a consulta entre os/as usuarios/as e os responsábeis da mesma.

-Unha asesoría psicolóxica (de nova creación no ano 2007-2008), da que será responsábel un/ha Licenciado/a en Psicoloxía.

Estas asesorías están dirixidas á mocidade da cidade de Lugo con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. Nembargante, se atenderá a todas aquelas persoas que non estean comprendidas neste intervalo,  pero tendo en conta que sempre ten prioridade sector xuvenil.

As catro asesorías foron contratadas a unha empresa lucense especializada nestes temas, contribuíndo así ao obxectivo de colaborar ao máximo co empresariado da cidade. Estarán en funcicionamento co seguinte horario:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

17:30-19:00

ASEXORÍA

PSICOLÓXICA

ESTUDOS

LABORAL

ESTUDOS

19:30-21:00

XURÍDICA

LABORAL

XURÍDICA

ASEXORÍA

PSICOLÓXICA

 

 

 

Outros puntos
Por outra banda, a Xunta de Compras aprobou tamén a contratación de seis compañías de teatro internacionais participantes na IX Mostra de teatro Clásico, organizada polo Concello de Lugo e Caixanova, por un total de 63.000 euros. Este ciclo teatral que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire entre o 1 e o 8 de febreiro, achegará á cidade as representacións de compañías de renome como a Compañía Nacional de teatro, Pérez de la Fuente Producciones, Atalaya TNT e o Centro Andaluz de Teatro, Teatro Corsario, Producciones Ditu e Idiot Internacional, así como o Centro de Nuevos Creadores.

Ademais, na área de Deportes, a Xunta de Compras aprobou a continuidade do Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós, co gasto de 7.080 para a celebración de varias probas desta competición que organiza o Concello de Lugo e que ano tras ano está a congregar un maior número de participantes.

A Xunta de Compras tamén recolleu a realización dunha xornada de formación en materia de igualdade destinada aos responsables do equipo de goberno, por un importe de 1.306 euros. Trátase da primeira dunha serie de charlas de formación incluídas no II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo. As próximas xornadas dirixiranse á Corporación Municipal e aos Técnicos do Concello. Nesta primeira tratáronse temas relacionados coa información non sexista dos gobernos, a planificación de actividades en igualdade, a perspectiva de xénero no urbanismo e nas infraestruturas, a elaboración duns orzamentos en igualdade, etc.

Outro dos puntos foi a contratación de papelería específica para a Oficina do Plan Urban. Este é un dos requisitos para o desenvolvemento deste proxecto que debe ter papelería e identidade propia dentro do Concello de Lugo. Neste momento os traballadores da Oficina do Plan Urban están a redactar os plegos para o concurso de ideas da vella cárcere, e poñendo en marcha todos os trámites administrativos necesarios para levar a cabo os proxectos que inclúe o plan.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova