Imprimir

O COLEXIO MANUEL MALLO MALLO ACOLLE A PRIMEIRA XORNADA DOS ALMORZOS SAUDABLES


19/1/2009 Nesta edición participarán máis de 2.000 nenos e nenas dos 25 centros educativos da cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acudiu á primeira xornada da nova campaña dos Almorzos Saudables que organIza a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela. Nesta primeira cita participaron 78 alumnos e alumnas do Colexio Manuel Mallo Mallo e ao longo de case dous meses desenvolverase nos 25 centros educativos da cidade, cun total de 2.153 rapaces e rapazas de 1º e 2º de educación Primaria.

O Alcalde indicou que “o fin é colaborar coa formación nutricional dos nenos e nenas do noso Concello”. O obxectivo perseguido coa realización destes almorzos é potenciar os valores que favorezan comportamentos alimentarios saudables, sinalando a importancia dun comezo nutricional adecuado do día cun un almorzo saudable composto de froita, lácteos e cereais “para axudarlles co esforzo físico e intelectual que lles supoñen as clases”.

O Alcalde agradeceu á colaboración das distintas entidades que participan neste proxecto que leva a cabo o Concello:

- Colexio Oficial de Enfermeria
- Asociación Provincial de Fabricantes de Pan
- Grupo Eroski
- Leite Rio
- Ingapan
- Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP)
- Comercio Xusto, a través de Cova da Terra.

Ademais, nesta edición colabórase co Taller de solidariedade, que desenvolve accións orientadas a fomentar o consumo responsable a través da web www.tuturnomiturno.org onde se atopan consellos e información orientada aos mozos e mozas.

Nesta actividade empreganse, ademais, elementos audiovisuais, presentacións, e xogos interactivos que axudan a concienciar sobre este aspecto nutricional pero tamén en relación á conservación do medio ambiente, o consumo enerxético eficiente, e outras cuestións educativas.

Calendario dos almorzos saudables:

- 19 de xaneiro.- Colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela
- 20 de xaneiro.- Colexio de A ponte
- 21 de xaneiro.- Colexio de Casás
- 22 de xaneiro.- Colexio Cervantes
- 23 de xaneiro.- Colexio As Mercedes
- 26 de xaneiro.- Colexio Infantil Fingoi nº2
- 27 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 28 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 29 de xaneiro.- Colexio Público de Albeiros
- 30 de xaneiro.- Colexio Sagrado Corazón
- 2 e 3 de febreiro.- Colexio Rosalía de Castro
- 4, 5 e 6 de febreiro.- Colexio Luis Pimentel
- 9 e 10 de febreiro.- Colexio Menéndez Pelayo
- 11, 12 e 13 de febreiro.-  Colexio Quiroga Ballesteros
- 16 de febreiro.- Colexio Público Illa Verde
- 17 e 18 de febreiro.- Colexio María Auxiliadora
- 19 de febreiro.- Colexio Fingoi
- 20 de febreiro.- Colexio Galén
- 26 de febreiro.- Colexio Divino Maestro
- 27 de febreiro.- Colexio da Milagrosa
- 2 e 3  de marzo.- Colexio Irmáns Maristas
- 4 e 5 de marzo.- Colexio Pais Franciscanos
- 6 de marzo.- Colexio Virxen da Soedade
- 9 e 10 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 11 e 12 de marzo.- Colexio Paradai
- 13 de marzo.- Colexio San José