Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo entregou todos os proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais


# Luns, 19/01/2009
Son 79 proxectos que permitirán que arredor de 400 persoas traballen en obra pública do Concello de Lugo

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciaron que o Concello de Lugo xa presentou os 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais ao Ministerio de Administracións Públicas.
Os proxectos, que contan cun investimento de 16.610.880 euros, están xa validados pola Subdelegación do Goberno e pendentes da resolución do Ministerio de Administracións Públicas que ten dez días para facelo.
Dende esa resolución, e tal e como recolle o Real Decreto-Ley 9/2008 de 28 de novembro , os Concellos deberán comezar a licitación das obras antes de que trasncurra o prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación na web: www.map.es .
Este Real Decreto establece entre os criterios de adxudicación que a obra proxectada contribúa ao fomento do emprego. Este foi un dos aspectos máis tidos en conta polo equipo de goberno á hora de facer as propostas de obra para incluir neste Fondo Estatal.
Son 79 proxectos que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello. O prazo para a presentación da documentación aínda remata o 24 de xaneiro, pero o Concello de Lugo xa remitiu, mediante a aplicación informática posta en marcha para este Fondo, as 79 memorias dos proxectos. López Orozco destacou a importancia de poñerse mans á obra e non perder máis tempo con este traballo.
A memoria de proxectos ten en conta as necesidades dos veciños e veciñas da zona rural e urbana que presentaron as súas propostas, o Plan Estratéxico e aos pedáneos.
Os aspectos fundamentais que se tiveron en conta á hora de escoller os proxectos foron que mellorase o conxunto do concello, zona urbana e rural, que beneficiase e modernizase a todo o municipio e que atendese ás necesidades básicas da cidadanía. O Alcalde indicou que “estamos no momento de programar o que ten que ser o traballo dun ano, que a pesar do momento económico que se está a vivir, é un momento importante para a cidade”. “Favoreceremos as condicións dos veciños, procurando unha mellor calidade de vida dos veciños e veciñás do rural e dos diferentes barrios da cidade, así como que que máis empresarios dexesen instalarse na cidade”, afirmou López Orozco.
Para o desenvolvemento correcto deste Fondo creouse unha Oficina con persoal municipal que traballa en coordenación cos técnicos de contratación, intervención e Evislusa e que seguirá traballando .

 Son 8.000 millóns de euros destinados a:

Investimentos
urxentes

-Obras de nova planificación (a súa execución non está prevista nos orzamentos municipais para 2009)
-Obras de execución inmediata (a súa licitación comezará ao longo do mes seguinte a que o MAP autorice a súa financiación) -De importe inferior a 5 millóns de euros

Obras xeradoras
de empregos

-Priorízanse aquelas obras que xeren máis emprego. Téntase reforzar o sector da construción, un dos máis resentidos pola crise
-O fondo está xestionado e administrado polo Ministerio de Administracións Públicas, a través da Dirección Xeral de Cooperación Local

Ámbito local

 -A distribución dos fondos faise en función da poboación rexistrada nos padróns municipais



ÁREA

ACTUACIÓNS

BARRIOS

-19 actuacións en todos os barrios do concello: urbanización, pavimentación, servizos, alumeado público,...

LUGO RURAL -Máis de 40 actuacións para mellorar os viarios das parroquias
-Recuperación dunha nova escola rural, a de Santa Comba
LUGO
SOCIAL

-Escola infantil de Serra de Montirón-Sanfiz
-Centro da Xuventude en Montirón-Sanfiz
-Casa domótica
-Melloras nos centros escolares

DEPORTES

-Ampliación da piscina cuberta de Frigsa
-Mellora das pistas de tenis de Frigsa
-Construción dun ximnasio

LUGO SOSTIBLE

-Mellora dos espazos públicos urbanos (rotondas, medianas)
-Ampliación de zonas verdes

PATRIMONIO

-Renovación de elementos da Casa Consistorial
-Rehabilitación do edificio administrativo do Concello
-Melloras na Sala de exposicións Portamiñá



LISTA DE PROXECTOS DO FEIL DE LUGO

-Renovación de cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do excmo. Concello de Lugo

-Renovación de elementos de cuberta da casa consistorial  

-Reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miñá

-Casa domótica para discapacitados na Acea de Olga

-Construción dun edificio destinado á Casa da Xuventude, situado en San Fiz

-Construción dun edificio destinado a gardería infantil municipal en San Fiz

-Melloras da instalación eléctrica dos centros escolares (infantil y primaria) públicos

-Pavimentación viarios Cemiterio municipal de San Froilán

-Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) - (Albeiros)

-Peonalización do parque de Frigsa

-Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro

-Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I - (As Gándaras)

-Pavimentación e servizos na rúa Mallorca (A Milagrosa)

-Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil (Paradai)

-Pavimentación de beirarrúas na rúa Aleixandre Bóveda (Paradai)

-Reurbanización da rúa da Industria (Polígono industrial de O Ceao)

-Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora (Parque Rosalía de Castro)

-Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín (Piringalla)

-Pavimentación e servizos na Rúa Lavandeira (treito Avenida da Coruña - Tunel de Oural) - (Piringalla)

-Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira - (Sagrado Corazón)

-Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo - (San Roque)

-Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro

-Alumeado público na rúa Primavera y adxacentes - (Fontiñas)

-Abastecemento e saneamento en Galegos

-Renovación do saneamento na Estrada da Granxa - (Augas Férreas)

-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Leste á cidade de Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida de Infanta Elena, entre ponte Romai e rúa Monforte

-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso ao campus universitario da cidade de Lugo: Rotonda na Avenida Carbalho Calero

-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da Avenida de Breogán

-Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Sur á cidade de Lugo: encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi

-Adecuación zona verde Costa da Viña. Ampliación do Parque de Marcos Cela

-Rexeneración zona verde pública para adaptala a uso lúdico, ornamental e paisaxístico na rúa Miguel de Cervantes

-Ampliación da piscina cuberta climatizada do parque da Milagrosa (Frigsa)

-Remodelar pistas de tenis do parque da Milagrosa

-Construción ximnasio no parque da Milagrosa

-Renovación do saneamento na rúa Carvalho Calero (Augas Férreas)

-Pavimentación e servizos na rúa Irmáns Vilar Ponte

-Pavimentación e servizos na rúa Doutor Fleming

FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL NA ZONA RURAL
- Camiño da Estrada 612 A Portomarín a Estrada D.P. Lousada Maceda (Parroquia de Santa Cristina de San Román)

-Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño (Parroquia de Ribas de Miño)

 -Camiño dende Conexeira ao núcleo de Piñeiro (parroquia San Martiño de Piñeiro)

-Camiño dende a estrada D. P. 29-19 a San Martiño de Piñeiro (Parroquias de San Xoan do Campo e Piñeiro)

-Camiño dende Raña estrada LU-612 ao límite con Guntín (Parroquia de Santiago de Saa)

-Camiño dende Raña a Argonde (Parroquias de Santa Marta de Fixós, Saa e San Xoan do Campo)

-Camiño dende estrada D.P. 29-7 a Santa Marta por Reboredo (Parroquias Soñar e Santa Marta de Fixós)

-Camiño dende Raña a Lamas (Parroquias de Saa, Bazar e Lamas)

-Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda (Parroquia de Monte de Meda)

-Camiño dende a estrada N-540 a Bazar (Parroquias de Calde e Bazar)

-Camiño dende estrada LU-232 a Vilaestevez e estrada D.P. 29-1 (Parroquia de San Xoan do Alto)

-Camiño dende estrada D.P. 29-1  A Uceira a Vilar de Poutomillos (Parroquia de Poutomillos)

-Camiño dende a estrada 612 en Soñar a estrada N-540 por Esperante (Parroquias de Soñar e Esperante)

-Camiño de Toiriz ao Campo da festa en Cima de Vila (Santiago de Piugos)

-Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira (parroquia de Camoira)

-Camiño de Outeiro a estrada LU-232 (Parroquia de San Salvador de Outeiro)

-Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces (parroquia de O Burgo)

-Camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente (Parroquia de Santa
Eulalia de Bóveda de Mera)

-Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín (parroquia de Bacurín)

-Camiño dende estrada LU-232 en Retorta a Torible de Arriba (parroquia de Torible)

-Camiños dende a estrada LU-232 a Marcoi e a Riobo,  As Campas e Igrexa parroquial (parroquias de Santa María Alta)

-Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán (parroquia de Santiago de Meilán)

-Camiño dende núcleo de Bocamaos a estrada LU-234 (parroquia de Bocamaos)

-Camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea (Parroquia de Tirimol)

-Camiño dende Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi (parroquia de Pías)

-Camiño dende Barcia a Gándaras de Piñeiro por Talleres Ambla e Piñeiro (parroquias de Mazoi y Muxa)

-Camiño dende o paso elevado autovía a Benade a Santa María de Muxa (parroquia de Santa María de Muxa)

-Camiño dende núcleo de Benade a Piñeiro por Gundín (parroquias de Muxa y Benade)

-Camiño dende a N-640 a Caneda por Pedreda, Outeiro e Alvarello (Parroquia de Pedreda)

-Camiño dende a N-640 en Rubiás a C-630 en Bascuas (Vilarvente ) (parroquia de Rubiás)

-Camiño dende estrada C-630 a Eirexe por Manzoi (Parroquia de Carballido)

-Camiño dende antiga N-VI a Igrexa de Bóveda (parroquia de Coeo)

-Camiño dende paso elevado autovía a Recimil e Iglesia (parroquia de Recimil)

-Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas (parroquia de San Xoan de Pena)

-Camiño dende estrada de Sarria por Santa Comba a Carretera de Páramo C.P. 29-4 (parroquia de Santa Comba)

-Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial (Parroquia de San Andrés de Castro)
-Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin (Parroquia de San Martín de Ombreiro)

-Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá (Parroquia Prógalo)

-Camiño dende a nacional N-640 na Campiña ao paso superior da autovia (Parroquia de San Salvador de Muxa)

-Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo (Parroquia San Vicente de Veral)

-Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial (Parroquia de Sta. María de Boveda)

-Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas (Parroquia de Santa María  Teixeiro)

-Escola Rural Santa Comba


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova