Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA O CONCURSO PARA ELEXIR O CARTEL ANUNCIADOR DO ENTROIDO 2009


20/1/2009 O gañador recibirá un premio de 600 euros

A Concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Concepción Burgo, presenta o III Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2009, 20-25 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o logo da cidade figure no cartel.

O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

O Concello repite este concurso de carteis creado no 2007 coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.

O prazo de presentación de carteis rematará o 2 de febreiro do 2008, ás 14:30 horas. Todos os participantes entregarán a súa obra na Concellería de Cultura e Turismo, na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.