O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e outros membros da corporación municipal participaron no acto de recepción das obras de urbanización da primeira fase de Abella e no seguemento das obras do novo centro comercial.
O Alcalde resaltou “o cambio que vai dar esta zona e deu as grazas a os empresarios que creen na cidade e que invisten no futuro da cidade”. Sinalou “a colaboración dos empresarios coa cidade para servir mellor a cidade nun senso urbanístico pero tamén de crear postos de emprego”. Ademáis López Orozco sinalou que “grazas a colaboración dos empresarios esta extensión de terreno urbanizado unha parte moi importante queda en dotacións e equipamentos dos que poderán disfrutar todos os lucenses”.
O Sector Norte H está definido cunha superficie de 125.558 ,16 m2, e vaille proporcionar á cidade 35.000 metros cadrados de zonas verdes e máis de 39.000 de viais.
O ámbito queda subdividido en dous polígonos de actuación independientes, equilibrados no seu aproveitamento e con xestión e execución diferentes. A superficie queda dividida en dous polígonos:
- Polígono 1 de 68.756,17 m2.
- Polígono 2 de 56.801,99 m2
Datos do Ámbito Total
Superficie do Ámbito |
125.558,16 m2 |
Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais] |
119.158,16 m2 |
Coeficiente de Edificabilidade |
1 m2 edificable / 1 m2 suelo |
Edificabilidade Máxima |
119.158,16 |
Edificabilidade Residencial |
81.843,16 m2 |
Edificabilidade Terciaria |
34.315,00 m2 |
Cesións |
90.817,17 m2 |
Datos Básicos do Polígono 1
Superficie do Ámbito |
68.756,17 m2 |
Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais) |
64.656,17 m2 |
Coeficiente de Edificabilidad |
1 m2 edificable/1 m2 suelo |
Edificabilidade Máxima |
64.656,17 |
Edificabilidade Residencial |
27.341,17m2 |
Edificabilidade Terciaria |
37.315,00 m2 |
Cesións |
43.363,26 m2 |
Superficie viais |
19.696,33 m2 |
Superficie zonas verdes |
16.500 m2 |
Datos Básicos del Polígono 2
Superficie do Ámbito |
56.801,99 m2 |
Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais] |
54.501,99 m2 |
Coeficiente de Edificabilidade |
1 m2 edificable/1 m2 suelo |
Edificabilidade Máxima |
54.501,99 m2 |
Edificabilidade Residencial |
54.501,99 m2 |
Edificabilidade Terciaria |
0,00 m2 |
Cesións |
47.453,91 m2 |
Superficie viais |
19.680,07 m2 |
Superficie zonas verdes |
18.500 m2 |
O orzamento total da obra executada pertenecente ao polígono 1 ascende á cantidade de 3.900.000 euros.
Obras centro comercial
Neste acto tamén tivo lugar o seguemento das obras do novo centro comercial co que contará o Norte da cidade e que, previsiblemente, abrirase no ano 2.011. Esta obra, que conta cunha inversión total aproximada de 120 millóns de euros, xerará ao redor de 1.900 empregos.
O centro comercial contará con tres plantas comerciales e dúas plantas soto nos 37.315 metros cadrados que se construirán no solar de 23.000 metros cadrados. Este espazo contará con 85 locais comerciais, que poderán alugar aqueles empresarios interesados, e 1.700 prazas de aparcamento.