Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe as obras de urbanización da primeira fase de Abella


# Martes, 20/01/2009
O centro comercial proxectado para a zona contará con 85 locais comerciais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e outros membros da corporación municipal participaron no acto de recepción das obras de urbanización da primeira fase de Abella e no seguemento das obras do novo centro comercial.
O Alcalde resaltou “o cambio que vai dar esta zona e deu as grazas a os empresarios que creen na cidade e que invisten no futuro da cidade”. Sinalou “a colaboración dos empresarios coa cidade para servir mellor a cidade nun senso urbanístico pero tamén de crear postos de emprego”. Ademáis  López Orozco sinalou que “grazas a colaboración dos empresarios esta extensión de terreno urbanizado unha parte moi importante queda en dotacións e equipamentos dos que poderán disfrutar todos os lucenses”.
O Sector Norte H está definido cunha superficie de 125.558 ,16 m2, e vaille proporcionar á cidade 35.000 metros cadrados de zonas verdes e máis de 39.000 de viais.
O ámbito queda subdividido en dous polígonos de actuación independientes, equilibrados no seu aproveitamento e con xestión e execución diferentes. A superficie queda dividida en dous polígonos:
- Polígono 1 de 68.756,17 m2.
- Polígono 2 de 56.801,99 m2

Datos do Ámbito Total

Superficie do Ámbito

125.558,16 m2

Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais]

119.158,16 m2

Coeficiente de Edificabilidade

 1 m2 edificable / 1 m2 suelo

Edificabilidade Máxima

119.158,16

Edificabilidade Residencial

81.843,16 m2

Edificabilidade Terciaria

34.315,00 m2

Cesións

90.817,17 m2

Datos Básicos do Polígono 1


Superficie do Ámbito

68.756,17 m2

Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais)

64.656,17 m2

Coeficiente de Edificabilidad

1 m2 edificable/1 m2 suelo

Edificabilidade Máxima

64.656,17

Edificabilidade Residencial

27.341,17m2

Edificabilidade Terciaria

37.315,00 m2

Cesións

43.363,26 m2

Superficie viais

19.696,33 m2

Superficie zonas verdes

16.500 m2

Datos Básicos del Polígono 2

Superficie do Ámbito

56.801,99 m2

Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais]

54.501,99 m2

Coeficiente de Edificabilidade

1 m2 edificable/1 m2 suelo

Edificabilidade Máxima

54.501,99 m2

Edificabilidade Residencial

54.501,99 m2

Edificabilidade Terciaria

0,00 m2

Cesións

47.453,91 m2

Superficie viais

19.680,07 m2

Superficie zonas verdes

18.500 m2

O orzamento total da obra executada pertenecente ao polígono 1 ascende á cantidade de 3.900.000 euros.

Obras centro comercial
Neste acto tamén tivo lugar o seguemento das obras do novo centro comercial co que contará o Norte da cidade e que, previsiblemente, abrirase no ano 2.011.  Esta obra, que conta cunha inversión total aproximada de 120 millóns de euros, xerará ao redor de 1.900 empregos.

O centro comercial contará con tres plantas comerciales e dúas plantas soto nos 37.315 metros cadrados que se construirán no solar de 23.000 metros cadrados. Este espazo contará con 85 locais comerciais, que poderán alugar aqueles empresarios interesados,  e 1.700 prazas de aparcamento.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova