Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe unha subvención de 300.000 euros para crear servizos, promocionar e comercializar o turismo da cidade


# Mércores, 21/01/2009
Lugo obtivo a máxima puntuación nestas axudas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio concedeu ao Concello de Lugo unha subvención de 300.000 euros para continuar coa segunda fase do Plan de Excelencia Turística co obxectivo de iniciar accións de creación de servizos e promoción turística da cidade.

A Concelleira indicou que “estamos moi satisfeitos xa que nesta subvención tivemos a máxima puntuación, o que posibilitará que poñamos en marcha moitos proxectos de forma paulatina ao longo de dous anos”.

As tres grandes liñas de actuación que se van a poñer en marcha son:

1.- Creación de servizos e produtos turísticos.- Como a tarxeta turística que permitirá acceder aos museos, visitas teatralizadas, rutas audioguiadas, descontos en establecementos hostaleiros, transporte. O obxectivo é optimizar os recursos turísticos da cidade para tratar de alongar a estancia media dos visitantes.

Ademais a Concelleira explicou que se prevé crear un transporte turístico que vincule o Lugo Muralla Patrimonio da Humanidade co Lugo reserva da bioesfera que permita diversificar os produtos e o mercado potenciando o turismo natural.

Por outra banda a Concellería de Cultura e Turismo pretende asinar unha serie de convenios como co sector hostaleiro (para ampliar o servizo de información turística) , comercio, universidade (continuar co observatorio turístico, colaboración con congresos..), etc.

2.- Promoción, comunicación y márketing da Muralla pero tamén doutros productos como o turismo gastronómico, o turismo de natureza ou o turismo accesible. O obxectivo, neste senso, é realizar unha boa análise e, sobretodo, traballar coa publicidade non pagada (a través das novas tecnoloxías).

3.- Comercialización do produto turístico .- Burgo explicou que se tratarán de establecer acordos con touroperadores para promocionar a cidade como destino turístico. “Deseñaremos paquetes turísticos con distintos servizos e traballaremos con maioristas e touroperadores”.

A Concelleira indicou que estas son as tres grandes liñas que se van a poñer en marcha e que pretenden manter a Lugo como un destino de turismo de calidade, así como manter o aumento do turismo na cidade.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova